Durante os meses de xullo e agosto, levarán a cabo exposicións, conferencias, roteiros, concertos, certames, cunha variada oferta temática, que, celebraranse en distintos puntos do Concello.
As conferencias serán todos os xoves a partir deste 3 de xullo, no edificio de Capitanía Marítima, ás 20:00h e a primeira será realizada por Antonio Piñero, Catedrático emérito da Universidade Complutense de Madrid, coa relatorio “Investigación sobre o Jesús histórico hoxe: 26 puntos seguros, segundo a crítica literaria e histórica”.
A el seguiranlle outros relatores de alto nivel, como Francisco Ledo Lemos, Profesor da Universidade de Vigo, Fernando Bartolomeu Benito, escritor e profesor de literatura. Carlos Garrido, Profesor da Universidade de Vigo e María Álvarez-Blázquez, escritora e investigadora, María José Rodríguez Domínguez, avogada en exercicio, Juan José Galán Díaz, Doutor en Física e para finalizar o 21 de agosto con Lorenzo Pastrana Castro, investigador do Instituto Ibérico de Nanotecnoloxía.
O concelleiro de cultura, Policarpo Vilar, aposta por unha maior interacción do público asistente coa cultura e a paisaxe, é por iso que por segundo ano e todos os luns, desde o 7 de xullo ata o 28 de agosto, ambos inclusive, levarán a cabo os roteiros culturais “Entre lusco e fusco”, unha proposta diferente, dinámica onde teremos a oportunidade de, coñecer aspectos diferentes da cultura levándoa a pé de rúa, interactuado coa xeografía e paisaxe da contorna.
Os venres de xullo e ata o 22 de agosto, ás 20:00h, nos xardíns da Casa da Navegación, celebraranse as veladas musicais e literarias que, este ciclo de concertos e lecturas, arrinca este ano, na súa segunda edición, o venres día 11 de xullo co grupo “Cuarteto de prima” e lecturas da obra de Carlos Casares.
A responsable da área de Cultura, avoga polo desenvolvemento da creatividade, con Taller de escritura creativa na aula polivalente do Arquivo Histórico e Biblioteca Municipal, impartido por Julio Fernández Peláez doutor pola Universidade de Alcalá en estudos lingüísticos literarios e teatrais. O curso empezará o día 8 de xullo e duración de catro sesións, o 10, 15 e 17 de xullo de 10 a 13 H, con inscrición previa, ata completar aforo.