HomeA CoruñaJulia Rodríguez converte as flores prensadas en auténticas "xoias da natureza" nunha...

Julia Rodríguez converte as flores prensadas en auténticas “xoias da natureza” nunha nova exposición da Casa da Cultura

- Anuncio -spot_img
  • A concelleira de Cultura, Patricia Lojo, felicitou á artista por un “magnífico traballo, no que se mestura a sensibilidade, a beleza e unha técnica moi coidada.”

A Casa da Cultura Raquel Fernández Soler acolle desde hoxe, xoves 3 de xullo, unha nova exposición que leva a firma da artista coruñesa Julia Rodríguez. A instalación viviu hoxe a inauguración da mostra, na que tomou parte a concelleira de Cultura, Patricia Lojo, e a propia autora. Durante a súa intervención, a edil felicitou a Rodríguez por un “magnífico traballo, no que se mestura a sensibilidade, a beleza e unha técnica moi coidada”.

Entre as pezas da colección de Rodríguez, o público poderá ver algunhas feitas con follas de parra en representación das catro estacións e outras con calas, orquídeas e hortensias, por exemplo.

En canto ao proceso de elaboración de cada obra, Julia parte da recolección de flores e follas que, a continuación, prensa e deixa secar. Como último paso, a autora emprega cola e un soporte para chegar ao resultado final.

As persoas interesadas poderán visitar e coñecer o labor de Julia Rodríguez ata o mércores, 30 de xullo, no horario de atención ao público da Casa da Cultura.

Publicacións Relacionadas