HomeBaixo MiñoA GuardaA Guarda sufrirá cortes de tráfico por motivo das Festas do Monte

A Guarda sufrirá cortes de tráfico por motivo das Festas do Monte

- Anuncio -spot_img
  • O sábado suspéndese a celebración do mercadillo polo desfile de bandas mariñeiras

Arranca a semana das Festas do Monte e con motivo da celebración de verbenas, do desfile e da subida ao Monte, produciranse diferentes cortes de tráfico durante a semana.

De luns a domingo a partir das 21:00h cortarase o tráfico na rúa Galicia entre os cruces coa rúa Julia Vaquero e a avenida República Dominicana, polo aumento de peóns na zona.

O sábado 9 de agosto, co desfile de bandas mariñeiras produciranse cortes pola mañá. A partir das 11:00h cortarase o tráfico na rúa Galicia entre os cruces coa rúa Julia Vaquero e a avenida República Dominicana; así como na rúa Concepción Arenal e na rúa do Porto.

Estes cortes manteranse ata o remate do desfile, aproximadamente ás 14:00h. O acceso ao porto producirase mentres tanto polo rúa Circunvalación e rúa Fernández Albor atopándose o corte ao tráfico na rotonda do Monumento ao Mariñeiro. Ademais, lémbrase que durante esta xornada non se celebrará o habitual mercadillo dos sábados.

O domingo 10, o día da subida ao Monte Santa Trega é importante seguir as indicacións da Policía Local para evitar atascos e a mellor convivencia entre vehículos e peóns. O paso de vehículos estará permitido antes das 11:00h, cando se pecharán ambos accesos (polo Centro Cultural e por San Amaro).

No acceso de San Amaro queda prohibido o estacionamento e parada de vehículos xa que é a vía de evacuación en caso de emerxencia. A partir das 19:00h a baixada de vehículos debe realizarse por San Amaro, evitando coincidir co descenso das bandas.

Durante toda a xornada o acceso de autobuses estará totalmente prohibido.

Publicacións Relacionadas