HomeDeputaciónsDeputación OurenseO campamento urbano de Amencer celebra o seu “Día do Parlamento” cun...

O campamento urbano de Amencer celebra o seu “Día do Parlamento” cun pleno infantil na Deputación

- Anuncio -spot_img

O deputado de Representación Institucional, Rosendo Fernández, recibiu no Pazo Provincial a preto de medio cento de rapaces e rapazas, aos que explicou o funcionamento e competencias da institución

O deputado de Representación Institucional da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández, recibiu hoxe no Pazo Provincial a preto de medio cento de nenos e nenas que están a participar no campamento urbano de Amencer, que nesta xornada celebrou o seu “Día do Parlamento” cun pleno infantil no que se someteron a debate unha serie de propostas para a realización de novas actividades na próxima edición do campamento.

Rosendo Fernández, que respondeu as preguntas formuladas polos rapaces e rapazas, explicou o funcionamento e competencias da institución provincial, sinalando que “cando un veciño ten un problema acode ao seu alcalde, e cando un alcalde ten unha necesidade acode á Deputación, que é o concello dos concellos, cooperando na prestación de múltiples servizos”, entre os que citou como exemplos a recollida de lixo ou a xestión do ciclo da auga.

Ao remate da actividade, os participantes no pleno infantil (46 rapaces e rapazas, acompañados de 8 animadores e animadoras) recibiron agasallos institucionais da propia Deputación, do mesmo xeito que Rosendo Fernández recolleu en nome da institución provincial un diploma conmemorativo da Asociación Xuvenial Amencer, organizadora do Campamento Urbano.

Publicacións Relacionadas