HomeBaixo MiñoA GuardaA Guarda aos pés do xove atleta Álex Sierpes

A Guarda aos pés do xove atleta Álex Sierpes

- Anuncio -spot_img
  • Un Salón de Plenos cheo acolleu o acto de sinatura do atleta no Libro de Honra da Guarda

A Casados Alonso acolleua recepción oficial de Álex Sierpes este mércores 6 de agosto.

O xove atleta brillou esta tempada, que remataba cunha prata no Festival Olímpico da Xuventude Europea (FOJE). Neste ano acadou logros como ser campión de España sub-18 nos 3000m, subcampión de España de cross sub-18 ou subcampión europeo de cross por clubes, na categoría sub-20; entre outros logros.

Ademais acumula ata oito récords galegos sub-18 e sub-20 en diferentes distancias, desde os 1500m ata os 10Km. En todos estes logros sempre leva A Guarda como bandeira.

O Salón de Plenos quedou pequeno para recibir a Álex Sierpes, quen estivo acompañado tamén pola súa familia e amigos. O alcalde da Guarda, Roberto Carrero, sinalou que “Álex xa é un referente non só para os máis pequenos senón tamén para os adultos”.

O concelleiro de Cultura e Deporte, Celso Fariñas, recordou que xa é costume recibir boas noticias de Álex cada fin de semana. Ademais, Álex contou co apoio tamén dos concellos do Rosal e de Tomiño que forman parte fundamental xunto o concello da Guarda da súa vida persoal e deportiva. Ao acto tamén acudiu a mellor atleta guardesa ata o momento, Julia Vaquero, para dar o seu apoio a esta nova xeración de atletas.

A sinatura de Álex Sierpes xa figura no libro de Honra da Guarda, mais antes quixo agradecer a “todos os que puxeron unha gran de area para que eu hoxe estea aquí”:

Publicacións Relacionadas