A delegada da Xunta, Belén do Campo, asistiu, este sábado, á recepción oficial aos equipos participantes no Trofeo Teresa Herrera 2025, un dos torneos de fútbol máis emblemáticos do verán, que este ano celebra a súa LXXX edición na categoría masculina (Depor L Havre AC), e a XIII edición na categoría femenina (Depor Abanca – SC Braga). Os partidos celebraranse esta mesma tarde. O acto institucional tivo lugar no Concello da Coruña.