HomeXunta de GaliciaA Xunta destaca o compromiso de Atave coa formación como ferramenta clave...

A Xunta destaca o compromiso de Atave coa formación como ferramenta clave para a retención do talento e a Remuda Xeracional das empresas do sector

- Anuncio -spot_img
  • José González destacou a colaboración con esta entidade na execución de accións formativas para persoas desempregadas (AFD), subliñando que a asociación empresarial é tamén centro formativo acreditado
  • Indicou precisamente que a nova convocatoria AFD foi redeseñada para responder mellor ás necesidades das empresas, incorporando novidades como as microformacións e a inclusión dun mínimo do 25 % de prácticas en formacións longas
  • Tamén resaltou o interese de Atave noutras accións á carta como as Unidades Formativas en Empresas, cuxa convocatoria permanece aberta ata o 30 de setembro, permitindo ofrecer formacións flexibles e adaptadas ao tecido produtivo
  • Xunto as medidas destinadas á forza laboral interna, o conselleiro lembrou o plan de captación de talento que está a desenvolver a Xunta para atraer persoas traballadoras dun xeito ordenado e sempre da man das necesidades das empresas
  • Subliñou a importancia de que a administración actúe como facilitadora e puxo en valor a necesidade de que o Goberno central teña en conta a realidade das pemes á hora de abordar asuntos de gran calado como a redución da xornada

O conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración, José González, acompañado polo director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, participou hoxe en Expourense na cea de confraternización anual da Asociación Provincial de Talleres de Reparación de Vehículos de Ourense (Atave), onde louvou o compromiso desta entidade empresarial coa formación como ferramenta clave para reter talento e favorecer a necesaria remuda xeracional do sector.

Neste sentido, e destacando os esforzos que está a desenvolver a Xunta para atender as necesidades do tecido produtivo no mercado interno, o titular de Emprego remarcou a colaboración con Atave na execución de accións formativas para persoas desempregadas (AFD). Neste contexto, lembrou que precisamente está en marcha a nova convocatoria, dotada con 50 millóns de euros e completamente redeseñada no marco da aposta do Goberno galego por consolidar unha oferta pública de formación máis dinámica e aliñada coas necesidades reais do mercado laboral galego. Entre as principais novidades, introdúcese a posibilidade de recibir microformacións e, por primeira vez, inclúese a formación dual obrigatoria nas accións de longa duración, cun mínimo do 25 % en contornas de traballo. Tamén fixo fincapé en que a implicación das entidades formativas e das empresas, como as integradas en Atave, será fundamental, podendo o tecido produtivo demandar directamente accións formativas a través dos centros para garantir unha resposta áxil ás súas necesidades. Neste sentido, cabe destacar que Atave combina a súa función como asociación coa de centro formativo acreditado, o que lle permite tanto representar ao sector como participar directamente na impartición de formacións.

Así mesmo, agradeceu o interese de Atave noutras accións á carta do tecido empresarial como as Unidades Formativas en Empresas, cuxa convocatoria segue aberta ata o 30 de setembro e que permite levar ás empresas formacións flexibles e adaptadas ás súas necesidades reais de talento e ás súas perspectivas de crecemento, promovendo en paralelo novas oportunidades laborais para as persoas sen emprego, cun compromiso de contratación do 40 % ao 60 %.

Colaboración público-privada

José González enxalzou a traxectoria desta entidade de referencia, que abrangue máis de 400 empresas, e fixo fincapé na importancia de seguir traballando da man do tecido empresarial para afrontar retos como a cobertura de vacantes e a remuda, un desafío no que a Xunta aposta, ademais da batería de accións formativas xa mencionadas, por unha atracción ordenada de talento exterior, sempre dun xeito planificado e atendendo ás necesidades das empresas, con ferramentas como o programa Retorna Cualifica Emprego.

Subliñou a importancia de que a administración actúe como facilitadora e puxo en valor a necesidade de ter en conta a realidade das pemes á hora de abordar cuestións de calado, como o incremento do SMI ou a redución da xornada, facéndoo sempre dentro do marco do Diálogo Social, ao contrario —incidiu— do que está a demostrar o Goberno central.

Durante o acto tamén se entregou un recoñecemento a tres traballadores do sector recentemente xubilados: José Antonio Vázquez, do taller José Antonio Vázquez Losada (Ourense); José Antonio Cabrera, de Autorreparaciones El Jardín (Ourense); e Rodrigo Freire, do taller Rodrigo Freire Fernández (A Bola).

Publicacións Relacionadas