Román Rodríguez gaba o labor que os docentes a prol dun ensino máis inclusivo, que a Xunta reforzará cunha nova estratexia neste eido que se está ultimando

adminON
Lectura mínima de 5
  • Subliña a “prioridade” do Goberno galego para seguir avanzando no sistema educativo galego líder en equidade e inclusión a nivel estatal
  • A nova Estratexia de inclusión educativa de Galicia será a folla de ruta dos vindeiros anos para a actualización de accións xa en marcha e a implementación doutras novas

O conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional, Román Rodríguez, recoñece o labor que os docentes e os equipos directivos realizan no día a día nas aulas a prol dun ensino máis inclusivo, unha cuestión “prioritaria” para o Goberno galego que se vai reforzar cunha nova estratexia neste eido que se está ultimando logo da posta en común e o diálogo co conxunto de actores da comunidade educativa.

Así o sinalou esta mañá no acto de recoñecemento a 18 centros educativos polas súas boas prácticas no eido da inclusión e da convivencia escolar nos Premios de boas prácticas de inclusión educativa, ConVivimos e Tolerancia cero contra o acoso escolar, no que estivo acompañado pola directora xeral de Ordenación e Innovación Educativa, Judith Fernández. O obxectivo destes galardóns, impulsados pola Consellería de Educación, é fomentar a participación do alumnado en actividades que promovan o respecto polo dereitos humanos, a atención á diversidade, a convivencia e o bo clima nas aulas e o benestar emocional, e que estes proxectos sirvan de exemplo para o conxunto da comunidade educativa.

Segundo asegurou o conselleiro, a Estratexia de inclusión educativa de Galicia, que se presentará en breve, será a folla de ruta que se despregará a partir do vindeiro curso coa implementación de novas accións de inclusión e o reforzo das xa en marcha como estes galardóns que formarán parte dela.

Se ben é certo que o sistema educativo galego se sitúa como o máis inclusivo e equitativo do Estado, o conselleiro avoga por seguir avanzando “con paso firme” neste eido e para iso demanda a implicación do conxunto da sociedade e, especialmente, do alumnado e do profesorado dos centros educativos, aos que felicitou polo compromiso demostrado día a día.

Listado de centros galardoados

Premio de boas prácticas de educación inclusiva 2024
Centros premiados
Categoría A
Localidade Provincia Categoría do premio Nome do centro
Cambre A Coruña 1º premio CEIP Plurilingüe Graxal
Salvaterra         do Miño Pontevedra 2º premio CEIP Plurilingüe de Leirado
Tui Pontevedra 3º premio CEIP Plurilingüe Nº 1 de Tui
Lobios Ourense Mención de honra CEIP Plurilingüe do Xurés
Categoría B  
Localidade Provincia Categoría do premio Nome do centro
A Lama Pontevedra 1º premio EPAPU Nelson Mandela
Burela Lugo 2º premio IES Perdouro
Vigo Pontevedra 3º premio IES Valadares
Viana do Bolo Ourense Mención de honra IES Carlos Casares
II Premio ConVivimos 2024 de convivencia e benestar emocional
Centros premiados
Categoría A
Localidade Provincia Categoría do premio Nome do centro
Vilaboa Pontevedra 1º premio CEP Plurilingüe de Riomaior
Burela Lugo 2º premio CEIP Plurilingüe Virxe do Carme
A Estrada Pontevedra 3º premio CEIP do Foxo
A Pobra do Caramiñal A Coruña Mención de honra CEP Plurilingüe Pilar Maestu Sierra
Categoría B  
Localidade Provincia Categoría do premio Nome do centro
Ourense Ourense 1º premio CIFP A Carballeira-Marcos Valcárcel
Poio Pontevedra 2º premio IES de Poio
Gondomar Pontevedra 3º premio IES Auga da Laxe
Cambre A Coruña Mención de honra IES David Buján
Premio tolerancia cero fronte ao acoso 2024
Centros premiados
Categoría A
Localidade Provincia Categoría do premio Nome do centro
Mos Pontevedra 1º premio CEIP Mestre Martínez Alonso
Rianxo A Coruña 2º premio CEIP Alfonso D. Rodríguez Castelao
Santiago de Compostela A Coruña 3º premio CEIP P. Cardeal Quiroga Palacios
Curtis A Coruña Mención de honra CEIP de Teixeiro
Categoría B  
Localidade Provincia Categoría do premio Nome do centro
Santiago        de Compostela A Coruña 1º premio IES Arcebispo Xelmírez I
Verín Ourense 2º premio IES Xesús Taboada Chivite
Vilagarcía de Arousa Pontevedra 3º premio IES Armando Cotarelo Valedor
Teo A Coruña Mención de honra IES de Cacheiras
Comparte este artigo