Rescate dunha persoa atrapada no seu turismo logo da crecida do río en Tállara, no concello de Lousame

adminON
Lectura mínima de 1

Os bombeiros do parque Provincial de Boiro participaron a primeira hora desta mañá nun operativo dirixido ao rescate dunha persoa atrapada no seu vehículo logo dunha crecida do río na parroquia lousamiana de Tállara.

A persoa ocupante do vehículo viuse sorprendida polo desbordamento do caudal do río, provocando que o seu coche quedase parado no medio do torrente.  Na incidencia non houbo que lamentar danos persoais.

Completaron o operativo o GES de Noia e a Garda Civil.

Comparte este artigo