Excursión ao Aquapark de Cerceda

adminON
Lectura mínima de 1

Preto de 50 miñenses desprazáronse onte ata Cerceda para gozar dun día pasado por auga no Aquapark cercedense.

A iniciativa, desenvolta polo departamento de Deporte do Concello de Miño, levou a veciños e veciñas de todas as idades desde as 11:00 horas que partiu do pavillón municipal ata o regreso ás 20:00.

O tempo acompañou aos e as miñenses nunha xornada na que non faltou a diversión e na que aproveitaron ao máximo todo o tempo que pasaron no parque acuático.

Comparte este artigo