A Xunta de Goberno Local do Concello de Ourense aprobou 29 acordos na súa sesión ordinaria desta semana

adminON
Lectura mínima de 3

A Xunta de Goberno Local do Concello de Ourense aprobou 29 acordos na súa sesión ordinaria desta semana, que se desenvolveu este mediodía no salón de plenos. Entre eles, deu o visto bo ao proxecto de Regulamento de control de horario e presenza dos empregados e empregadas do Concello e do Consello Municipal de Deportes, a 4 expedientes de licenzas, 6 de patrimonio, 1 de infraestruturas, 1 da alcaldía e 16 da avogacía consistorial.

Alcaldía (1)

Designar como representante do Concello no Comité Provincial da Cruz Vermella, á concelleira-delegada de Política Social, Tamara Silva Cid.

Licenzas (4)

Conceder as licenzas urbanísticas de obra para a rehabilitación de senllas vivendas unifamiliares na rúa da Marquesa e no Lugar de Roxomilo, Velle; para o proxecto modificado para a instalación dun ascensor nun edificio de vivendas na rúa Sáenz Díez e para a adaptación a vivenda dun baixo na rúa Murillo.

Patrimonio (6)

Desestimar 2 reclamacións de responsabilidade patrimonial por non concorrer os requisitos que dan dereito a unha indemnización, considerar unha particular desistida dunha reclamación que non reunía os requisitos legalmente esixibles e desestimar un recurso contra un acordo da Xunta de Goberno que inadmitira unha reclamación de responsabilidade patrimonial

Requirirlle a 2 aseguradoras que indemnicen o Concello en 1.548,50 e 217,80 euros polos danos causados por vehículos nun farol no Outeiro, Velle e nun semáforo na rúa Marcelo Macías, respectivamente.

Infraestruturas (1)

Autorizar o inicio do procedemento para a modificación do contrato de obras de mellora da seguridade peonil mediante pasos de peóns con sinalización luminosa.

Recursos Humanos (1)

Aprobar o proxecto de Regulamento de control de horario e presenza dos empregados e empregadas do Concello de Ourense e do Consello Municipal de Deportes. De conformidade co disposto no artigo 94.2 do Regulamento Orgánico do Pleno do Concello de Ourense, comunicaráselles aos portavoces dos grupos políticos municipais a aprobación do proxecto de ordenanza e a apertura do prazo de emendas de 10 días que empezarán a contar desde a recepción da devandita comunicación.

Avogacía Consistorial (16)

A Xunta de Goberno deu conta de 4 sentenzas do Xulgado do Contencioso Administrativo número 2 de Ourense, 1 sentenza e 2 autos do número 1, 1 sentenza e 1 auto do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, 1 auto de execución de títulos xudiciais do Xulgado de Primeira Instancia número 2 e 1 auto de execución civil do Xulgado de menores, número 1

O Concello comparecerá diante dos xulgados de instrución número 3 nunhas dilixencias previas, diante do Contencioso administrativo número 2 nun procedemento ordinario e 2 procedementos abreviados e diante do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia noutro procedemento ordinario.

Comparte este artigo