O director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles, fixo entrega esta tarde do premio ao campión galego de coctelería no que foi galardoado Gabriel Vilar Longarela e que representará a Galicia no certame nacional que terá lugar en Valencia a finais de ano. Trátase dunha cita anual que se ven celebrando desde 2002, e que nesta edición reuníu no Hostal dos Reis Católicos, en Santiago de Compostela, a 12 participantes.
Durante o acto, Xosé Merelles salientou a importancia deste tipo de iniciativas para impulsar o talento galego e proxectalo máis aló da comunidade. Ademais, subliñou o valor do produto galego como embaixador do destino, así como a calidade da oferta gastronómica da comunidade, avalada polos seus 19 establecementos con Estrella Michelin e 49 cun ou máis soles Repsol. O certame, organizado pola Asociación Galega de Barmen (AGABA), ten como obxectivo prestixiar a profesión, fomentar a cultura da coctelería e reforzar a formación do sector, alén de servir como plataforma para que os gañadores representen a Galicia no campionato nacional.

