O prazo de presincrición para as actividades de verán infantís e xuvenís que organiza o Concello estará aberto entre os días 6 ao 12 de maio. Deberán realizarse a través da sede electrónica e só poderán apuntarse nenos e nenas empadroados no municipio.
Para ofrecer un amplo abano de posibilidades, adaptado ás necesidades e preferencias de cada fogar, organízanse desde obradoiros e actividades dunha hora ata campamentos de varios días. Entre outras actividades haberá campamentos, excursións a espazos naturais fóra de Oleiros, minicampamentos de 3 ou días, hortas, danza, teatro, kaiak, surf, actividades multideporte (que inclúen xogos de orientación, escalada, paddle surf, sendeirismo, bicicleta, rugby, piragüismo ou tiro con arco), artes plásticas, olería, ilustración e cómic, pintura, gravado, graffiti…
É posible obter máis información na web municipal ou na Fábrica.
Enlace información e preinscrición: https://www.oleiros.org/es/actividades-culturales/-/asset_publisher/HSJ5LJ3LSSU6/content/id/2543949

