A Xunta felicita o concello de Valga pola XXVIII edición do seu Encontro da Terceira Idade e que reúne cada ano a centos de veciños

Redacción
Lectura mínima de 1

O director xeral de Inclusión Social, Arturo Parrado, reivindicou a importancia destas iniciativas que promoven o envellecemento activo e a participación social dos maiores

O director xeral de Inclusión Social, Arturo Parrado, participou hoxe na edición XXVIII do Encontro da Terceira Idade de Valga. Alí, felicitou o concello por seguir promovendo esta festividade entre a veciñanza e facendo que sexa unha tradición entre os maiores.

Neste sentido, Parrado reivindicou a importancia deste tipo de iniciativas para promover o envellecemento activo e a participación, algo que, segundo salientou, é un dos piares do modelo de coidados da Xunta. Ademais, convidounos a participar nas diferentes iniciativas que o Goberno galego impulsa como o programa pioneiro Benestar en Balnearios ou o Carné +65.

Arturo Parrado explicou que o benestar e a atención dos maiores é unha das prioridades do Goberno galego e que busca tamén atender as súas necesidades e preferencias. Por iso, recalcou que a Xunta promove recursos e servizos adaptados ó territorio e que favorecen que os maiores poidan permanecer nas súas casas recibindo coidados de calidade.

Comparte este artigo