Home Pontevedra O Salnés A Xunta colabora co concello de Ribadumia con melloras nas infraestruturas, dotacións...

A Xunta colabora co concello de Ribadumia con melloras nas infraestruturas, dotacións e compra de equipamento para os servizos municipais

- Anuncio -

A directora xeral de Administración Local, Natalia Prieto, comprobou as melloras realizadas grazas ás axudas da Orde de Infraestruturas de uso público
O concello de Ribadumia ten recibido nos últimos anos mais de 800.000 euros de varias axudas da Vicepresidencia

A directora xeral de Administración Local, Natalia Prieto, acompañada do delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Luis López, comprobou hoxe no concello as actuacións de mellora de infraestruturas, dotacións, instalacións e equipamentos en servizos municipais que contaron cunha achega da Xunta de preto de 35.000 euros ao abeiro da Orde de Infraestruturas de uso público.

Natalia Prieto puido comprobar o resultado das actuacións levadas en instalacións deportivas de uso público e da dotación de equipamentos nas referidas instalacións,como a reforma do subministro eléctrico no campo de fútbol de Barrantes e reforma do subministro eléctrico no preescolar do C.P.I. Julia Becerra Malvar. O concello conta tamén con material deportivo para o ximnasio de Cabanelas, padiola para o posto de primeiros auxilios na piscina municipal, tatami para o ximnasio de Barrantes así como unha portería de fútbol para o campo de fútbol de Barrantes

Tal e como indicou a directora xeral, pequenas actuación que redundan en beneficios para a veciñanza. Destacou tamén a importancia da colaboración entre a administración autonómica e a local, que é a mellor coñecedora das necesidades e demandas da veciñanza, xa que grazas a estas axudas, os concellos galegos levan a cabo actuacións que repercuten en melloras directas para o día a día dos cidadáns e que non se poderían levar a cabo en moitas ocasións se non fose pola colaboración entre Xunta e concellos.

O concello de Ribadumia ten recibido nos últimos anos mais de 800.000 euros de varias axudas da Vicepresidencia. Ademais recibiu tamén este ano unha axuda conxunta coa Mancomunidade Municipal Voluntaria do Salnés para unha instalación solar fotovoltaica de autoconsumo instantáneo na estación de tratamento de case 84.000 euros do Fondo de Compensación Ambiental

Relacionadas

Os maios vestirán O Porriño esta fin de semana

0
Os grupos de música tradicional das asociacións culturais e veciñais amenizarán a festa o sábado pola tarde O Porriño dá a benvida á primavera coa...

A concellería de Cultura a través da Biblioteca Pública Municipal de Baiona organiza un...

0
O próximo 17 de maio conmemoramos o Día das Letras Galegas que este ano se dedican a Luísa Villalta (A Coruña, 1957-2004), unha destacada...

A primeira xuntanza entre Manu Lourenzo e Luís López avanza proxectos para Soutomaior ...

0
O proxecto de humanización da praza da aldea, presentado polo concello de Soutomaior por valor de 170.000 euros,  aprobarase na xunta de goberno de...

Redondela convida aos clubs deportivos a deseñar unha campaña contra a violencia de xénero...

0
- As concellerías de Deportes e Igualdade convidan aos clubs a propoñer un lema respondendo á pregunta “E ti, por que loitas?” dentro do...

Luis López amosa o apoio da Deputación ao tecido empresarial da provincia na inauguración...

0
O presidente provincial destacou a importancia da dixitalización do sector na estrea do Hubnet posto en marcha pola Cámara de Comercio en Vilagarcía e...

Francisco Castro en concerto en Mos para celebrar as Letras Galegas

0
Acompañado da Banda dos Borges, músicos de gran traxectoria e recoñecemento, ofrecerá un repertorio de cancións en galego da súa autoría, fusión musical entre...

Publicacións Relacionadas