- A Fundación Artesanía de Galicia organiza unha nova edición do evento ‘Artesanía de Galicia en Merza’ no que participarán sete obradoiros artesanais especializados nos ámbitos da cerámica, da bixutería, da cestería, do papel e do pirogravado
- O programa de actividades complétase cun obradoiro de papel artesanal e creación dun caderno de peto impartidos por A Casa Rodante, e a actuación musical de Sheila Patricia en sesión vemú
- ‘Artesanía de Galicia en Merza’ é un programa de feiras de carácter mensual impulsadas pola Xunta en colaboración co obradoiro Eferro para impulsar a comercialización do produto artesán e consolidar a marca Artesanía de Galicia
Vila de Cruces (Pontevedra), 9 de maio de 2026.- A Consellería de Emprego, Comercio e Emigración continúa co seu apoio á comercialización do produto artesán galego e a posta en valor da marca Artesanía de Galicia a través do proxecto Artesanía de Galicia en Merza, un programa de feiras de carácter mensual que se están a celebrar desde o mes de abril no espazo de actividades culturais e lúdicas do obradoiro Eferro, en Merza (Vila de Cruces), denominado eferroGhalpón.
Na edición do mes de maio participan sete obradoiros inscritos en Artesanía de Galicia e especializados nos ámbitos da cerámica, da bixutería, da cestería, do papel e do pirogravado. En concreto, participan como expositores Artesanía Enxebre de Valdeorras (O Barco de Valdeorras), A Casa Rodante (Vigo), Capixuta (A Estrada), Maytadas (Vilagarcía de Arousa), Leónlagata (Sanxenxo), Mica Cerámica (A Coruña) e Mica Bisutería (Ames).
O horario de apertura da feira será de 11,00 a 15,00 e de 16,00 a 20,00 h. Nese mesmo horario, estanse a realizar dous obradoiros enfocados na elaboración de papel artesanal e na creación dun caderno de peto, impartidos por A Casa Rodante. Trátase dun obradoiro gratuíto e aberto ao público infantil e adulto.
A programación da feira complétase cunha sesión vermú a cargo de Sheila Patricia, a partir das 13,30h, e un posto de comidas a cargo de Fartura.

