O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes dálle a benvida a Vigo á regata internacional ‘La Solitaire du Figaro Paprec’

Redacción

O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, acompañado da delegada territorial da Xunta en Vigo, Ana Ortiz, participou na inauguración do espazo de lecer vencellado á regata internacional La Solitaire du Figaro Paprec, que fai escala en Vigo por segundo ano consecutivo.

La Solitaire du Figaro Paprec é unha das regatas de alta mar en solitario máis prestixiosas e esixentes do mundo, antesala de grandes probas como a Vendée Globe. Coincidindo coa súa chegada á cidade olívica, os xardíns de Portocultura acollerán ata o domingo distintas actividades culturais, didácticas e gastronómicas para todos os públicos.

Comparte este artigo