Rueda recibe ao Real Club Deportivo da Coruña para felicitalo polo seu ascenso a Primeira División

Redacción

– Celebra a volta do “Noso Derbi” no “ano de Galicia, o Ano Xacobeo”

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, acompañado do conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, recibiu hoxe no Pazo de Raxoi aos xogadores, corpo técnico e directiva do Real Club Deportivo da Coruña tras o ascenso a Primeira División.

O titular do Goberno galego trasladou os parabéns ao equipo polo éxito acadado esta temporada e resaltou que, oito anos despois, o club volve “ao lugar onde acadastes tantos éxitos. E isto non fixo máis que empezar”. E quixo felicitar tamén á afección e a toda a cidade da Coruña, xa que foron “parte fundamental” na consecución do ascenso.

Ademais, resaltou que este éxito é unha nova fantástica e un “enorme orgullo” para toda Galicia, e celebrou que o ano que vén podamos volver gozar do “Noso Derbi” na máxima categoría do fútbol español, xusto “o ano que vai ser o ano de Galicia, o ano Xacobeo”. Rueda rematou a súa intervención resaltando o deporte galego como unha gran manifestación de Galicia Calidade, e ao Deportivo como un “exemplo inmellorable”.

Comparte este artigo