Rueda destaca o Estado de Dereito como piar fundamental da democracia e garante da estabilidade social e económica

Redacción
O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, acompañado polo conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, participa na presentación do libro Sobre el Imperio de la Ley, de Javier Cremades. Sede Afundación (A Coruña), 03/06/26.

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, defendeu hoxe o Estado de Dereito como piar fundamental do sistema democrático e garante da seguridade xurídica que ofrece estabilidade social e económica aos territorios.

Durante a presentación do libro Sobre el imperio de la ley, de Javier Cremades, Rueda salientou a importancia de respectar a Constitución, as normas e as decisións xudiciais e resaltou a aposta de Galicia por un modelo institucional predicible, ordenado e respectuoso cos procedementos.
O presidente tamén resaltou o compromiso da Xunta á hora de dotar aos profesionais da Xustiza das mellores infraestruturas e recursos. Desde 2009 e ata finais de 2027, o Goberno galego terá destinado 172 millóns de euros a melloras nas instalacións xudiciais, incluíndo a construción de novas sedes e a reforma e mellora da eficiencia enerxética das existentes. Ademais, entre 2020 e 2025 investiu 43 millóns de euros en dixitalización e modernización a través do Plan Senda, para o cal se acaban de aprobar 24 millóns de euros ata o ano 2028 co fin de seguir avanzando neste eido.

Comparte este artigo