A Xunta pon en valor os produtos certificados por Galicia Calidade entre máis de 40 estrelas Michelín

Redacción

—           Os participantes no evento Estrelas Solidarias no Camiño de Santiago realizaron unha visita a unha planta acuícola en Camariñas

—           Os chefs Estrela Michelin puideron degustar unha selección de produtos certificados por Galicia Calidade no Faro Cabo Vilán

A Xunta promoveu esta mañá unha actividade inmersiva en Camariñas para poñer en valor a relación entre a calidade do produto galego e a gastronomía que se fai na comunidade entre chefs chegados de toda España participantes do evento Estrelas Solidarias no Camiño de Santiago que suman máis de 40 Estrelas Michelin.  En concreto, Turismo de Galicia organizou unha visita á planta acuícola e remataron cunha degustacións dos produtos certificados pola marca de garantía de Galicia Calidade no Faro do Cabo Vilán.

Así, chefs como Martìn Berasategui, Paulo Airaudo, Elena Arzak ou Paco Roncero, entre outros, puideron coñecer de primeira man a planta acuícula de Stolt Sea Farm de producción de rodaballo. Ao remate os cociñeiros puideron degustar unha selección de produtos certificados pola marca de garantía Galicia Calidade, da man do equipo do Semáforo de Fisterra.

Nesta ocasión as empresas participantes na degustación foron Conservas A Rosaleira, Maricos Alumar, Artesa Despensa Atlántica, Confitería Cerviño, Kiwi Atlántico, La Central Heladera, Pementos Carmucha, Puerto de Celeiro, Queixería Barral, Quesos Feijoo, Rosa de los Vientos, Santo André, Torre de Núñez, A Coroa, Altos de Toroña, Auga Vella, Cabreiroá, Estrella de Galicia, Finca Mílara, Grupo Reboreda Morgadío e Via Atlántica.

A xerente de Galicia Calidade, Ana Méndez, salientou que a gastronomía galega forma parte do modelo turístico da comunidade. “Este é un dos principais atractivos de Galicia”, salientou lembrando que o valor do turismo para Galicia, que representa xa máis do 10% do PIB e do emprego en Galicia. En 2025, a comunidade tivo 8,8 millóns de turistas, “un novo récord histórico segundo a Xunta, cun incremento do 7,3% respecto ao ano anterior”, sinalou.

Segundo o Informe do Turismo Gastronómico en España, este tipo de visitante gasta un 30% máis que o xeralista, e “Galicia ocupa un lugar de privilexio neste mapa”, resaltou Ana Méndez. “Somos a terceira comunidade autónoma favorita dos españois como destino gastronómico, e A Coruña figura entre as tres provincias máis valoradas do país. Galicia lidera ademais o ranking de destinos para participar en festas e eventos gastronómicos, e sitúase entre os tres primeiros para comprar produtos locais e para visitar mercados gastronómicos”.

A directora-Xerente de Galicia Calidade lembrou tamén os datos referentes á alta cociña en Galicia. En 2026, a comunidade conta con 19 restaurantes con Estrela Michelin, dos que tres teñen dúas estrelas, Culler de Pau, Pepe Vieira e Retiro da Costiña, este último certificado tamén por Galicia Calidade.

Comparte este artigo