O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, participou esta tarde en Vigo no acto do Día de Portugal, de Camões e das Comunidades Portuguesas, organizado polo Consulado Xeral de Portugal, e que contou coa actuación da artista portuguesa Jéssica Pina e cunha mostra de obras de Jorge Martins, Francisco Mendes Moreira e Mariana Gomes. Na súa intervención, Diego Calvo destacou os vínculos históricos, culturais e lingüísticos que unen Galicia e Portugal, así como a importancia da Eurorrexión Galicia–Norte de Portugal como exemplo de cooperación transfronteiriza.

