Home Pontevedra Barro Barro acolle este sábado o obradoiro "O Museo en Camiño" para que...

Barro acolle este sábado o obradoiro “O Museo en Camiño” para que a rapazada coñeza os Fondos do Museo Provincial e se inbúa no espírito Xacobeo

- Anuncio -

Celebrarase de 11 a 13 horas na Biblioteca Municipal con nenos e nenas de 6 a 12 anos. As prazas xa están cubertas

Este sábado 24 de abril terá lugar en Barro o segundo taller do ‘Museo en Camiño’, un programa didáctico polo que o Museo de Pontevedra se convirte en itinerante ara facer chegar a nenos e nenas de dez poboacións da ruta portuguesa a Santiago os seus fondos e tamén o espírito do Xacobeo.

Enha iniciativa de carácter plástico e creativo co Museo como protagonista estase a desenvolver no marco do programa O Teu Xacobeo da Xunta. No caso do concello de Barro, desenvolverase na Biblioteca Municipal de 11 a 13 h e está dirixido a nenos e nenas de 6 a 12 anos e nestes momentos ten xa todas as súas prazas cubertas.

Os fondos da institución chegarán á cativada da man dunha ‘maleta viaxeira’ con réplicas de pezas consideradas esenciais para o Museo de Pontevedra: o Tesouro de Caldas, a Laxe das Picadas, o busto bifronte de Xano, o miliario romano de Salcedo, o retablo de San Acacio, un Santiago Pelegrín do século XVII, a obra ‘Santa María dende A Caeira’ de Sobrino Buhígas, unha autocaricatura de Castelao, a obra ‘O Mercado’ de Carlos Maside, ‘A Terra’ de Manuel Torres, ‘Santa Tegra’ de Lugrís, e ‘Mulleres parolando’ de Luis Seoane. Todas elas foron escollidas polos colectivos creadores do programa, taller abierto e Paspallás, por seren unha mostra representativa do que é o gran colector cultural que é o Museo e serán a base sobre
a que desenvolver unidades didácticas para traballar contidos relacionados coa historia, a arte e o patrimonio.

Ademais, está programada unha exposición no Museo de Pontevedra para o mes de
setembro coa que se pechará o percorrido “coa intención de trasladar todo o vivido
ao público”.

Relacionadas

A Deputación e Ourense prioriza en 2024 os proxectos sociais de atención a mulleres...

0
O grupo de goberno provincial abordou un redeseño do modelo de convocatorias de axudas da Deputación a proxectos sociais O programa de apoio para mulleres...

A Guarda prepara unha gran festa para celebrar as Letras Galegas

0
Blues do País, Magín Blanco e unha Foliada final serán os principais ingredientes desta xornada festiva. Neste 2024 A Guarda quere festexar o Día das...

O auditorio de Goián soará ao ritmo da Orquestra do Conservatorio Superior de Música...

0
Será este venres 10 de maio ás 20.30 horas con entrada libre O música resoará sobre o escenario do auditorio municipal de Goián co concerto...

60 familias de Salceda e Salvaterra beneficiaranse dun programa conxunto pioneiro

0
Os Concellos de Salceda de Caselas e Salvaterra de Miño, a través das súas respectivas Concellarías de Igualdade, veñen de botar a andar unha...

Baiona desentraña os segredos da arribada da Pinta nun emocionante xogo de escapismo ao...

0
Será o primeiro dos 14 escape rooms temáticos postos en marcha por Eu Rural e o Xeodestino Ría de Vigo e Baixo Miño relacionados...

Obras de pintado e sinalización no Paseo de Cardona, en Chapela

0
O Concello de Redondela informa que desde o mércores día 8 ata o venres día 10 de maio realizaranse traballos de sinalización horizontal e...

Publicacións Relacionadas