Home Tabeirós Forcarei O PP reclama para a estrada provincial entre Soutelo e Covas, en...

O PP reclama para a estrada provincial entre Soutelo e Covas, en Forcarei, unha estrada segura e non o “parche” que fixo a Deputación

- Anuncio -

• Piden que ensanchen a plataforma e creen beirarrúas para garantir a seguridade dos peóns.


• Cubela di que “os concellos do rural deben ter servizos e seguridade, e por iso o Goberno provincial non pode dar as costas aos veciños”.


• Cachafeiro critica a “pasividade” da alcaldesa, que consinte “este parche” e amosa “un total desinterese” polas reclamacións dos veciños.

O Partido Popular volve a reclamar para a EP-7203, entre Soutelo de Montes e Covas, en Forcarei, un proxecto que permita converter esta estrada nunha vía segura. “Isto é o que precisan os veciños destas parroquias, e non o parche que fixo a Deputación de Pontevedra”, denuncia o deputado provincial, Jorge Cubela, que visitou a estrada xunto á voceira local, Belén Cachafeiro.

A popular recordou que desde o PP xa se presentaron varias iniciativas para reclamar o arranxo desta estrada na Deputación de Pontevedra, tanto cando gobernaba no Concello de Forcarei, como na oposición, e mesmo se rexistraron máis de 200 sinaturas que os veciños recolleron para reclamar unha estrada segura. “E o que temos diante é que parchearon tramos de douscentos metros, e con iso parece que xa está todo feito”, lamenta Cachafeiro, que critica que non se ampliase a plataforma –ten menos de catro metros de ancho- nin se acondicionasen beiravías para que os peóns poidan desprazarse con seguridade. “É unha actuación a todas vistas insuficiente. É máis, incluso empeoraron a situación, xa que entre a terra e o asfalto agora crearon un desnivel importante e non hai espazo para camiñar. É incomprensible que o Concello de Forcarei dea por boa esta actuación”, engade. Por iso, a popular critica a “pasividade” da alcaldesa, “que consinte este parche da Deputación e amosa un total desinterese polas reclamacións xustas que están facendo os veciños”.

Cubela defende que “hai que investir con fundamento, e non ir a Forcarei e poñer un parche para xustificar que se fixo algo”. Recorda que “ademais de ser a titular desta estrada, a Deputación ten como misión apoiar aos pequenos e medianos concellos da provincia. Os concellos do rural deben ter servizos e seguridade, e por iso o Goberno provincial non pode dar as costas aos veciños destes concellos”. Nesta liña, entende que tanto a institución provincial como o Concello de Forcarei son responsables desta situación, xa que o Goberno local debería ter defendido as reclamacións dos veciños.

A EP-7203 ten unha lonxitude de 9,730 quilómetros e se configura como a principal vía de comunicación para unir as parroquias de Magdalena, Millarada e Forcarei, e polo tanto, tamén para conectar aos veciños que viven nos pobos de Sanguñedo, Vilariño, Fixó, Portela, Berrozo, Porteo e Malburgo. É unha estrada de moito tránsito –cunha estimación feita na propia institución provincial de 379 vehículos diarios-, pola que non só circulan coches, senón que tamén pasan autobuses escolares, camións e incluso animais.

Relacionadas

O concello de Nigrán ofrece este mércores o concerto da Banda de Acordións Metropolitana

0
O Concello de Nigrán ofrece este mércores 1 de maio ás 19:00 horas no Auditorio Municipal o concerto da Banda de Acordeóns Metropolitana. A...

Rafa Domínguez confirma que a praza de Barcelos e a rúa Santa Clara serán...

0
O vicepresidente da Deputación remarca a “boa sintonía” co Concello de Pontevedra para facer realidade este proxecto e adianta que a finais de maio...

O Club náutico Bahia de Baiona celebra o seu 25 aniversario cunha comida de...

0
O Club náutico Bahia de Baiona celebra o seu 25 aniversario cunha comida de confraternidade, ao evento asistiu en representación municipal o concelleiro de...

A voceira municipal do PP de Tomiño, Lara Meneses, vén de ser nomeada como...

0
-A líder do PP local presenta a súa renuncia como concelleira “forzada pola incompatibilidade  legal de ambas responsabilidades” e recoñece que é un día...

Ana Pastor e Pedro Puy recollen as reinvindacións da CEP quen lle deron traslado...

0
● Desde a CEP achacan ao aumento da delincuencia violenta ao aumento da droga na rúa, onde aos consumidores habituais sumáronselle novos consumidores, o...

A Biblioteca Xela Arias organiza un encontro co músico e activista Kilema

0
A Biblioteca Municipal Xela Arias, en colaboración coa Coral O Piñeiral de Chapela e máis o Coro de Voces Graves de Vigo, celebra un...

Publicacións Relacionadas