Valentín García salienta a contribución dos premios de Microrrelados de Feiraco ao maior emprego e pretixio do galego

Redacción
  • O certame recoñece a Mariá José Iglesias, Gemma Rojo e Jacobo Vieites na categoría adulta, e a Iria García, Adriana González e Ricardo Mella, na modalidade xuvenil
  • O representante da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude destaca o papel da literatura “no achegamento e convencemento do uso da lingua entre a mocidade”
  • Celebra que cada vez máis empresas estean comprometidas co noso idioma

O secretario xeral da Lingua, Valentín García, participou hoxe na entrega de premios do IX Certame Microrrelatos de Feiraco, onde agradeceu a implicación desta entidade na promoción e divulgación da lingua galega, “pola contribución deste tipo de iniciativa a un maior emprego e prestixio do noso idioma”.

Así o puxo en valor na sede da Cooperativa Láctea Unidas, no concello coruñés de Ames, que foi o escenario da entrega destes galardóns, que recoñeceron “a calidade, orixinalidade e talento” de seis traballos que tiñan como obxecto de poñer en relevancia o papel da efeméride das Letras Galegas para unha maior divulgación da creatividade da nosa literatura e no emprego da nosa lingua.

Deste xeito, foron distinguidos os traballos Vai de Mulleres… afincadas na terra, de María José Iglesias, Onde quedaron as promesa, de Gemma Rojo, e Galicia Nai, de Jacobo Vieites, na categoría adulta. Mentres, na modalidade xuvenil, premiáronse as creacións literarias O destino irrefutable, de Iria García, do centro Sagrado Corazón de Placeres, en Pontevedra,  Informe planetario, de Adiana González, do Instituto Rosalía de Castro, en Santiago de Compostela, e Ti es mais forte que todos os desafíos, de Valery Reyes, do centro de ensino Ricardo Mella, en Vigo.

Compromiso empresarial coa lingua

Na súa intervención, o representante da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude incidiu en que iniciativas como as de Feiraco “demostran a implicación e compromiso dos sectores económicos na difusión da cultura e linguas galegas”. Neste senso, celebrou que cada vez máis empresas e entidades do eidos socioeconómico de Galicia están “a amosar un maior grao de compromiso co uso do noso idioma ao incorporar o galego dun xeito integral nas súas estratexias”, valorou.

Ademais, Valentín García fixo fincapé no papel destes certames para “incrementar o uso da nosa lingua entre a mocidade”, ao tempo que lles fomenta “non só achegamento e convencemento cara a un maior emprego, senón que propicia afondar no coñecemento do talento das nosas letras, á vez que o descubrimento e a potencialidade do seu propio e da súa creatividade”, concluíu.

Comparte este artigo