A Xunta participa na presentación do Campionato de Europa U17 de Pentatlón moderno que se vai disputar en Pontevedra do 6 ao 12 de xullo

Redacción

O secretario xeral para o Deporte, Roberto García, participou hoxe na presentación do Campionato de Europa U17 de pentatlón moderno, no que se darán cita deportistas de máis de vinte países. As probas desenvolveranse do 6 ao 12 de xullo nas instalacións do Centro Galego de Tecnificación Deportiva en Pontevedra e inclúen as modalidades de carreira de obstáculos, natación, esgrima e láser run, disciplina esta última que combina carreira e tiro con pistola láser.  

Comparte este artigo