Un total de 48 bandeiras “Q” e “s” ondearan este verán nas praias e portos galegos acreditando a aposta de Galicia pola calidade e a sostibilidade turística

Redacción
  • A comunidade galega acada unha cifra récord de 429 certificacións, un 12% mais que en 2025
  • Turismo de Galicia investiu 210.000€ en axudas para renovar ou certificar as das correspondentes normas UNE de establecementos e servizos

O director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles, asistiu hoxe á entrega das bandeiras Q de Calidade e S de Sostibilidade ás praias e portos deportivos da comunidade recoñecidos con estes distintivos. O acto tivo lugar en Sanxenxo, o segundo municipio con máis praias certificadas coa marca Q de Calidade, só por detrás de Marbella.En total, este verán ondearán 48 bandeiras nas praias e nos portos deportivos de Galicia.

Xunto co resto de establecementos e recursos certificados, este ano a comunidade galega acada unha cifra record con 429 certificacións, o que supón un 12% máis en relación ao pasado ano. Precisamente, Sanxenxo é o segundo municipio con máis praias certificadas coa marca Q de Calidade, só por detrás de Marbella (19).

Xosé Merelles valorou o impacto desta cifra récord no marco da estratexia de turismo da comunidade, que “recoñece as certificacións de calidade e sostibilidade como un elemento a través do que traballar pola mellora continua do sector turístico”. Ademais, salientou o carácter destes distintivos como indicador da “singularidade e excelencia da oferta de establecementos e servizos turísticos”.

A obtención desta cifra récord de certificacións constitúe “un avance cara á consolidación da marca Galicia Calidade, a través do impulso a unha oferta turística baseada na excelencia e a sostibilidade”.

Este ano, Galicia mantén a súa posición como 2ª comunidade en números absolutos de certificacións Q de calidade (321) e o 3º posto en números absolutos en certificacións S de Sostibilidade, con 108 certificacións. É ademais a rexión con maior número de certificacións no sector de portos deportivos, con 28 bandeiras, 16 de Q de Calidade e 12 de S de Sostibilidade.

O director de Turismo de Galicia lembrou que desde o departamento se convocan anualmente axudas destinadas a establecementos e servizos turísticos para os procesos de certificación, seguimento e renovación das correspondentes normas UNE. En 2025 investíronse un total de 210.000€ para a súa cobertura.

Comparte este artigo