Home A Coruña Santiago aposta en Fitur polo turista 3.0 cunhas innovadoras videoguías

Santiago aposta en Fitur polo turista 3.0 cunhas innovadoras videoguías

- Anuncio -

O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, e o concelleiro de Turismo, Sindo Guinarte, presentaron en Fitur as novas videoguías de Turismo de Santiago para promocionar a cidade entre o novo tipo de turista xerado pola Covid-19. Trátase dun turista 3.0, caracterizado por un uso intensivo de Internet e redes sociais, que empregan en todo o proceso dunha viaxe, dende a selección do destino ata a súa valoración unha vez rematado, compartindo a súa opinión na rede.

A presentación titulouse “Santiago, ao outro lado do espello”, coa idea de amosar a cidade como un destino amplo e diverso, cunha gran oferta de recursos turísticos que van moito máis alá da Catedral e as súas prazas e rúas próximas. O obxectivo é amosar á cidade que está “máis alá do espello”, unha cidade verde, de cultura e patrimonio, festiva, creativa, cunha gran gastronomía e con mil motivos máis para alongar a estadía e descubrila na súa plenitude.

En total elaboráronse 26 vídeoguías de distintos monumentos, parques e espazos de Santiago. As 26 videoguías suman arredor de dúas horas de imaxes da cidade, rodadas por un director de cine profesional que coñece a fondo Santiago, Fernando Cortizo. Cada videoguía inclúe entradas e ilustracións especiais, que fan máis atractivo o seu visionado, pensando no turista que emprega Internet de xeito intensivo para elexir o seu destino e decidir que visitar e canto tempo pasar en cada lugar.

Para promocionar as videoguías, Fernado Cortizo elaborou un innovador vídeo, moi compostelán, feito a base de ilustracións, con constantes referencias á historia da cidade e detalles ocultos que animan a velo unha e outra vez para descubrilos. No vídeo aparecen Rosalía de Castro, Castelao, Valle-Inclán, as Dúas Marías e múltiples personaxes que forman parte da esencia de Santiago. Pode verse en Youtube

As videoguías están dispoñibles en sete idiomas (galego, castelán, inglés, francés, portugués, italiano e alemán) para dirixirse aos principais mercados emisores da cidade. Ademais, elaborouse tamén unha versión en Linguaxe de signos española para fomentar a accesibilidade. Están dispoñibles na páxina web de Turismo de Santiago.

Esta presentación é unha das principais accións de Turismo de Santiago en Fitur, onde se empregará por primeira vez o novo logo para promocionar o Ano Santo Compostelán 2021-2022. Segundo explicou o concelleiro Sindo Guinarte na súa presentación “o logo ten por obxectivo promocionar este evento excepcional que supón unha gran oportunidade para a cidade. Está pensado para reforzar o posicionamento de Compostela como centro e esencia do evento”. O rexedor compostelán, Xosé Sánchez Bugallo, amosouse convencido de que “o 2022 colmará as expectativas que tiñamos para 2021” e fixo fincapé en que desde hoxe “comezamos a ver luz despois do túnel”, como demostra a celebración de Fitur.

Cidades Patrimonio
O alcalde participará mañá en dúas presentacións do Plan Conxunto de Accións para 2021 do Grupo de Cidades Patrimonio da Humanidade, a primeira no Stand de Turepaña coa participación do Secretario de Estado de Turismo, Fernando Valdés, e a segunda no Stand de Paradores de Turismo de España coa presenza do presidente da cadea, Óscar López.

O Grupo de Cidades Patrimonio, no que Santiago participa activamente, elaborou un documento de “Estratexias para a reactivación do turismo cultural e patrimonial no escenario Post Covid-19”. O obxectivo é que as Cidades Patrimonio da Humanidade de España sexan o grupo coa oferta cultural e experiencial máis ampla do mercado, fomentado a innovación e evolucionar o seu posicionamento cara á sostibilidade.

Segundo as enquisas feitas, o Grupo Cidades Patrimonio da Humanidade conta cunha marca sólida e de gran reputación, aínda que debe ser capaz de aumentar a súa notoriedade para os viaxeiros en tempos de post pandemia, posicionando as 15 cidades do grupo como destinos idóneos para cando chegue ao oportunidade de volver a facer turismo.

Neste aspecto, destaca o posicionamento de Santiago de Compostela, que é a cidade do Grupo de Cidades Patrimonio cunha maior notoriedade suxerida, cun 95,4%. É dicir, cando se lle pregunta aos viaxeiros se Santiago pertence ao grupo, a práctica totalidade deles contesta afirmativamente

Rede de Destinos Intelixentes
A xerente de Turismo de Santiago, Flavia Ramil, tamén participou na mesa redonda Fitur Know-How & Export, organizada pola Rede de Destinos Intelixentes. Dende a Rede solicitouse á entidade municipal que compartise as principais liñas dos proxectos europeos Bodah e Smartiago.

Bodah é un proxecto liderado por Turismo de Santiago no que participan entidades de España, Portugal, Francia, Irlanda, Escocia e Gales. Este proxecto ten por obxectivo o control de fluxos turísticos mediante o uso de Big Data. Santiago é un dos destinos piloto nos que se analizarán un amplo listado de indicadores que servirán de base para a xestión dos fluxos en cidades patrimoniais europeas.

Pola súa banda, o Smartiago é un proxecto que se desenvolve dende o Concello de Santiago. Inclúe a instalación de doce dispositivos para o control da movilidade peonil nos principais puntos do Casco Histórico que proporcionarán información moi valiosa para a xestión dos fluxos turísticos. Os dispositivos poderán distinguir aos peregrinos e así poderá coñecerse con precisión e as rutas que siguen.

Relacionadas

Fene contratará 2 peóns/oas forestais con cargo ao programa APROL Rural 2024

0
As persoas traballadoras que se contraten deberán estar desempregadas e inscritas como demandantes de emprego na modalidade de peón/oa forestal O Concello de Fene vén...

O pavillón das Lagoas acollerá mañá a “II Xornada da Liga Galega de Halterofilia”

0
O edil de Deportes, Ibán Santalla, presentou hoxe xunto con Susana Basoa, presidenta do club Gaman, e David Losada, presidente da Federación Galega de...

A III Feira dá Cultura EnCaMiño celebrarase os días 19, 20 e 21 de...

0
● Xa se presentou un anticipo do cartel, con 14 autores e autoras que confirmaron a súa presenza neste evento, que se consolida tras...

O Concello de San Sadurniño e a Casa do Mel organizan un curso de...

0
A área de Desenvolvemento local de San Sadurniño e a Asociación Casa do Mel -quen xestiona o colmear didáctico da Cortiña- ofrecen unha nova...

O proxecto cultural ‘Galicia Latente’ presentarase en Camariñas o próximo martes

0
· O IES Pedra da Aguia acollerá, ás 16:30 horas, a proxección dun documental sobre a Galicia do presente e un coloquio posterior para...

Bienal de Pintura do Eixo Atlântico

0
O Centro Cultural Lustres Rivas acolleu onte a inauguración da exposición Bienal de Pintura do Eixo Atlântico, onde estiveron presentes a Concelleira de Cultura;...

Publicacións Relacionadas