Home Pontevedra O Salnés A Xunta de Galicia Visita o Centro de Día de Sanxenxo para...

A Xunta de Galicia Visita o Centro de Día de Sanxenxo para supervisar as instalacións con motivo da súa reapertura a vindeira semana

- Anuncio -

O centro ofrece servizos como o de xeriatría, enfermería, fisioterapia así como tamén terapia ocupacional entre outros

O director xeral de Atención Socio Sanitaria, Antón Acevedo, visitou o centro e subliñou a importancia dos centros de día na mellora da calidade de vida das persoas maiores

O director xeral de Atención Integral Sociosanitaria, Antón Acevedo, visitou hoxe o centro de día de Sanxenxo, de titularidade municipal, coa finalidade de supervisar o bo estado das instalacións para a súa próxima apertura, prevista para o mércores 9 de xuño. Durante o acto celebrou a renovación da actividade do centro e puxo en valor a importancia que este servizo teñen día a día na atención e na mellora da calidade de vida das persoas maiores.

Este centro de día mantén a súas portas pechadas desde marzo de 2020 por mor da pandemia, e a partir da esta semana xa poderá volver a ocupar as 80 prazas que ten habilitadas para persoas maiores que teñan reducida a súa autonomía para as actividades da vida cotiá. A estes usuarios se lles ofrece unha atención integral para que manteñan a súa actividade física, social e psicolóxica.

Servizos de xeriatría, enfermería ou fisioterapia
Entre os servizos que ofrece este centro de día atópanse por exemplo o de xeriatría cunha atención diaria para o usuario, incluíndo o baño completo, así como o control de medicamentos ou mobilidade. Ademais ofrecen servizos de enfermaría, fisioterapia para a realización de desenvolvemento da función física entre outras actividades.

Por outra banda, ofrecen unha terapia ocupacional e socioculturais onde levan a cabo iniciativas orientadas a recuperar a parte cognitiva, psicomotriz, dinámica e rehabilitación persoal. Por último, este centro de día tamén pon a disposición dos usuarios un comedor, con servizo de comida, merenda e almorzo se é con causa xustificada.

Relacionadas

A Deputación concede 35.000 euros a Pontecesures para reformar os vestiarios do pavillón polideportivo...

0
Trátanse de recursos do Plan Extraordinario de Infraestruturas Deportivas que distribuíu xa preto de 2,3 millóns de euros entre concellos da provincia de menos...

A Deputación dá inicio ao mes das Letras Galegas con diferentes actividades para poñer...

0
O Museo de Pontevedra ten en marcha contacontos ilustrados sobre Villalta para o público escolar, que terán lugar os días 2, 3 e 7...

Luis López tende pontes entre a Deputación e a poboación arxentina da provincia nun...

0
O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, xunto coa vicepresidenta Luisa Sánchez, recibiron no Pazo provincial á consulesa da República de Arxentina en...

O Porriño redobra a súa aposta pola industria e a actividade empresarial coa distinción...

0
Desde febreiro deste ano é un dos 156 Concellos Emprendedores de Galicia, e un dos 25 que hai na provincia de Pontevedra Concello e Xunta...

Tomiño busca incorporar o Bacharelato de Artes ao IES Antón Alonso Ríos

0
O pleno do Concello aprobou a proposta de Alcaldía instar á Xunta a ampliar a oferta educativa e iniciar canto antes as obras de...

O concello de Redondela presenta a nova web e a Tarxeta Cidadá Virtual

0
- A nova tarxeta virtual permite acceder aos servizos municipais e facer trámites a través da web ou dende o propio móbil grazas á...

Publicacións Relacionadas