O comisario do Xacobeo 2027 mantén candanseu encontro con responsables dos grupos parlamentarios popular e socialista de Galicia

Redacción

O comisario do Xacobeo 2027, Marcos Gómez Román, mantivo esta mañá cadanseu encontro institucional con responsables dos grupos parlamentarios Popular de Galicia e Socialista de Galicia co fin de abrir unha canle de diálogo institucional e avanzarlles os traballos que se levan a cabo na preparación do Xacobeo 2027. Marcos Gómez Román reuniuse con Alberto Pazos e Borja Verea do Grupo Parlamentario Popular de Galicia, e con Lara Méndez e Patricia Iglesias, do Socialista de Galicia.

Nos dous casos, tratáronse de encontros institucionais que serviron para presentar as liñas de actuación previstas para a celebración do vindeiro Ano Santo, que pasan polo Plan Director de Patrocinios e o programa ‘O Teu Xacobeo’, ao tempo que se incentivará a colaboración público-privada. Os encontros permitiron tamén intercambiar impresións sobre os retos e oportunidades que representa o Xacobeo 2027 para Galicia e a importancia de promover unha programación aberta, participativa e con proxección internacional.

Comparte este artigo