Treixadura despregará todo o seu potencial no XXV Guísamo Folk co seu novo traballo ‘Portalén’

Redacción

· O festival celebrarase no Campo dá Feira de Guísamo o sábado 22 de agosto e o concerto dos de Redondela abrirá a xornada ás 13.00 horas.

Treixadura presentou o pasado 27 de febreiro o seu novo traballo discográfico, ‘Portalén’, un proxecto creado con calma e coidado, fiel ao tempo propio dun grupo que entende a música como un proceso compartido.

Os de Redondela estarán este sábado na vixésimo quinta edición do Guísamo Folk, que se celebrará no Campo dá Feira de Guísamo o sábado 22 de agosto e cuxo concerto abrirá a xornada ás 13.00 horas.

Tras o percorrido de ‘Camiño longo’ (2022), a formación tomouse o seu tempo para compoñer e madurar novas cancións. Deste proceso nace ‘Portalén’, un disco que dialoga coa historia de Treixadura e coa tradición de sempre acompañouna, pero que mira cara diante con novas pezas e novos camiños sonoros.

A banda presentou o seu novo traballo como unha porta simbólica entre pasado e presente, un lugar onde o vivido transfórmase en futuro. Un disco pensado para ser escoitado con calma e, sobre todo, para ser compartido en directos como o do Guísamo Folk.

Comparte este artigo