Home A Coruña Xogos de auga e obradoiros de repostería e psicomotricidade centran os primeiros...

Xogos de auga e obradoiros de repostería e psicomotricidade centran os primeiros días de xullo no Lousame Concilia

- Anuncio -

O Concello de Lousame vén de iniciar as actividades do seu programa de verán para a conciliación da vida familiar e laboral, integrado no programa Lousame Concilia. Nestas primeiras xornadas de xuño, nas que foron visitados pola concelleira de Ensino e Cultura, Silvia Agrafojo, as actividades centráronse en xogos de auga e na celebración de diversos obradoiros.

Os quince nenos e nenas, de entre 3 e 12 anos de idade, que participan no Lousame Concilia Verán están divididos en dous grupos de idade, para así garantir un maior control dos grupos e facilitar a aplicación dos protocolos anti-covid, tal e como se aplicaron con éxito durante a pasada temporada. Iso non impide a celebración de distintas actividades, tanto físicas como de salón.

Dentro das actividades físicas sitúanse os xogos de auga cos que loitaron contra a calor dos últimos días, que se uniron aos obradoiros de psicomotricidade celebrados a finais da semana pasada. Así mesmo, durante a mañá tamén poñen en forma as súas mentes con obradoiros de manualidades e mesmo talleres de repostería, onde elaboraron cadanseu croissant.

O Lousame Concilia Verán desenvólvese de luns a venres nas instalacións do CPI Cernadas de Castro, entre as 09.30 e as 14.30 horas. Este servicio está organizado pola Concellería de Igualdade do Concello de Lousame e conta coa colaboración da Secretaría Xeral de Igualdade da Xunta de Galicia e do Fondo Social Europeo.

Relacionadas

O Concello de Ortigueira programa máis dunha decena de eventos culturais para o mes...

0
• Entre as actividades programadas destaca a XV edición da Festa Interxeracional dúas Maios de Ortigueira ou o encontro co autor local Manuel López...

O PP de Culleredo alerta do estado do Paseo do Burgo apenas cinco días...

0
∙ Consideran que moitos dos elementos arquitectónicos do paseo quedaron en moi mal estado “como consecuencia das obras, co que a responsabilidade de entregalas...

Toma de posesión de 13 traballadores/as municipais

0
No que vai de ano o Concello de Carballo procedeu á estabilización laboral dun total de 35 persoas Onte tomaron posesión dos seus cargos un...

O Concello de Ortigueira abre este xoves o prazo de preinscrición do ‘Almorzos na...

0
• As familias interesadas poderán preinscribirse desde este xoves, 2 de maio, ata o vindeiro mércores día 15 a través do Rexistro do Concello...

Visitas e intercambios escolares

0
Abril foi un mes de intercambios e de visitas escolares, e aquí tedes tres exemplos: 👉 O alcalde recibiu esta semana aos nenos e nenas...

Último aviso para apuntarse no xantar da comisión de festas de Santa Isabel

0
A comida a prol dos festexos terá lugar o sábado no patio cuberto do CPI de San Sadurniño A comisión de festas de Santa Isabel...

Publicacións Relacionadas