Home A Coruña A Xunta financia reformas na Escola Infantil de Culleredo-A Tartaruga qque ascenden...

A Xunta financia reformas na Escola Infantil de Culleredo-A Tartaruga qque ascenden a 46.000 euros

- Anuncio -

― Modificarase o emprazamento da sala de berces, melloraranse os aseos da aula de 3 anos e dotarase dun cambiador a aula de 2-3 anos. Ademais, substituiranse as portas exteriores e as luminarias para reducir o consumo enerxético actual

― O Concello iniciou a semana pasada a execución dos traballos, que sufragará o Consorcio mediante a compensación das liquidacións que corresponden abonar á Administración local por este servizo público

A Xunta de Galicia financia diversas actuacións de reforma que se están a levar a cabo na escola infantil da rede pública autonómica de Culleredo-A Tartaruga por valor de 46.000 euros e que estarán listas para o inicio do curso escolar o vindeiro 6 de setembro. O xerente do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar, Perfecto Rodríguez, comprobou hoxe o avance destas obras durante unha visita ao centro na que estivo acompañado do alcalde do concello coruñés, José Ramón Riobóo.

Perfecto Rodríguez explicou que o obxectivo destes traballos “é actualizar e modernizar as instalacións para que as familias e os seus pequenos desfruten dun maior benestar e de máis comodidades no novo curso”. Así, a intervención programada contempla a variación do emprazamento da sala de berces para que estea anexa á aula 0-1 anos; a mellora dos aseos da aula de 3 anos e dotar dun cambiador a aula de 2-3 anos. Ademais, substituiranse as portas exteriores por outras novas e as luminarias existentes por pantallas LED para reducir o consumo enerxético actual.

O xerente do Consorcio indicou que estas melloras, que comezaron a semana pasada, foron postas en común coa comunidade educativa e contan coa supervisión dos servizos técnicos do Consorcio e municipais. A execución dos traballos corren a cargo do Concello e serán sufragados polo ente autonómico mediante a compensación das liquidacións que corresponden abonar á Administración local por este servizo público.

Obras en agosto
As obras que se están a acometer neste centro de Culleredo enmárcanse nas actuacións de mellora que se están a realizar durante este mes de agosto nas escolas infantís que dependen do Consorcio, aproveitando o período estival de vacacións. Perfecto Rodríguez resaltou que con esta liña de traballo “queremos garantir ás familias galegas que os seus pequenos desfrutan dunhas escolas infantís de calidade, así como duns coidados e unha atención educativa de primeiro nivel”.

A escola infantil de Culleredo-A Tartaruga retomará a súa actividade o vindeiro 6 de setembro con 52 matriculados. Os outros dous centros do Consorcio neste municipio, Fonte da Balsa e O Burgo, comezarán o curso con 51 e 73 nenas e nenos nas súas aulas, respectivamente.

Relacionadas

Paderne rememora a “enorme transcendencia” de Francisco Vales Villamarín na inauguración da remodelación do...

0
 O alcalde, Sergio Platas, lembrou a enorme pegada do cronista e quixo agradecer a “insistencia” de Emilio Vila na instalación do monólito hai...

Neda pon en valor a calidade, variedade e sabor dos produtos das panaderías locais

0
O Concello destaca a importancia do sector no municipio como xerador de emprego O Concello de Neda impulsou este domingo dúas novas catas no marco...

Queres saber de que van falar os científicos e científicas que participan no primeiro...

0
Os días 13, 14 e 15 de maio enchemos de ciencia o bar do Mercado, o Bodegón e o Valle-Inclán coa colaboración de oito...

Inaugurado o novo albergue municipal Esperanza Tenreiro, en Nós

0
O edificio principal da Finca Tenreiro, en Nós, foi inaugurado esta tarde como Albergue municipal Esperanza Tenreiro. Con esta denominación, o Concello de Oleiros...

Excarcerado un home tras unha saída de vía na parroquia de Niveiro, no concello...

0
Os bombeiros do parque Comarcal de Santa Comba recibiron hoxe, sábado 4 de maio, ás 14.47 horas unha chamada na que se informaba dun...

A Xunta colaborou coa construción do albergue da finca Tenreiro de Oleiros a través...

0
― A directora xeral de Formación e Cualificación para o Emprego, Zeltia Lado, asistiu hoxe á inauguración do novo espazo ― As alumnas e alumnos...

Publicacións Relacionadas