Home Pontevedra A Paradanta A Xunta adxudica a redacción do proxecto de mellora da seguridade viaria...

A Xunta adxudica a redacción do proxecto de mellora da seguridade viaria na intersección da estrada autonómica PO-255 no concello de Covelo

- Anuncio -
  • O contrato foi adxudicado por preto de 18.000 euros e conta cun prazo de 5 meses para redactar o proxecto
  • O obxectivo é reformar o cruce do punto quilométrico 31+540 da PO-255 coa vía provincial EP-5104, executando unha glorieta para mellorar a visibilidade
  • A Xunta continúa traballando na conservación e mantemento da rede viaria autonómica coa fin de reforzar a seguridade e a comodidade dos usuarios

A Xunta adxudicou a redacción do proxecto de mellora da seguridade viaria na intersección da estrada autonómica PO-255 no concello de Covelo.

O contrato, adxudicado á consultora Inrupre, S.L. por preto de 18.000 euros, ten un prazo de 5 meses para redactar o proxecto.

O obxectivo é reformar a intersección do punto quilométrico 31+540 da PO-255 coa estrada provincial EP-5104 para mellorar a visibilidade dos vehículos que circulan pola vía.

O proxecto desenvolverá as actuacións para converter  este intersección en “T” nunha glorieta, de modo que todos os xiros se poidan realizar de xeito seguro.

Ademais, na actuación incluirase a rehabilitación do firme na contorna da intersección, como mínimo no treito entre os puntos quilométricos 31+100 e 31+530.

No marco dos traballos, o proxecto deberá incluír a identificación dos terreos necesarios para a tramitación do correspondente expediente expropiatorio, necesario para a execución das obras.

O departamento que dirixe Ethel Vázquez continúa traballando na conservación e mantemento da rede viaria autonómica coa fin de reforzar a seguridade e a comodidade dos usuarios.

Relacionadas

A Guarda prepara unha gran festa para celebrar as Letras Galegas

0
Blues do País, Magín Blanco e unha Foliada final serán os principais ingredientes desta xornada festiva. Neste 2024 A Guarda quere festexar o Día das...

O auditorio de Goián soará ao ritmo da Orquestra do Conservatorio Superior de Música...

0
Será este venres 10 de maio ás 20.30 horas con entrada libre O música resoará sobre o escenario do auditorio municipal de Goián co concerto...

60 familias de Salceda e Salvaterra beneficiaranse dun programa conxunto pioneiro

0
Os Concellos de Salceda de Caselas e Salvaterra de Miño, a través das súas respectivas Concellarías de Igualdade, veñen de botar a andar unha...

Baiona desentraña os segredos da arribada da Pinta nun emocionante xogo de escapismo ao...

0
Será o primeiro dos 14 escape rooms temáticos postos en marcha por Eu Rural e o Xeodestino Ría de Vigo e Baixo Miño relacionados...

A Xunta realiza labores de conservación e mantemento no río Grande, nos concellos de...

0
As tarefas céntranse nun treito de preto de 5 quilómetros e inclúen a roza puntual e selectiva de arbustos e a retirada de árbores...

Obras de pintado e sinalización no Paseo de Cardona, en Chapela

0
O Concello de Redondela informa que desde o mércores día 8 ata o venres día 10 de maio realizaranse traballos de sinalización horizontal e...

Publicacións Relacionadas