Menor pon en valor o traballo e o liderado das mulleres rurais no acto organizado pola asociación “3 de maio” de Laza

Redacción

O presidente da Deputación de Ourense, Luis Menor, participou hoxe no acto organizado pola Asociación de Mulleres “3 de maio” de Laza en colaboración co Concello, con motivo do Día Internacional da Muller Rural, que reuniu a veciñas e representantes asociativas de distintas localidades da provincia.

Luis Menor destacou o traballo diario das mulleres do rural como “auténtico alicerce da nosa terra” sendo as principais responsables de dinamizar a vida social e económica dos territorios garantindo que o rural ten “presente e futuro”.

Así mesmo, o presidente da Deputación lembrou iniciativas provinciais como o programa EmprendOU en Feminino de apoio aos proxectos empresarias de mulleres no rural ourensán, así como a campaña “8M, Mes a Mes”, que este mes de outubro homenaxea precisamente ás mulleres gandeiras polo seu traballo e contribución esencial no mantemento do medio rural. 

Comparte este artigo