O concello de Nigrán anuncia o último día para inscribirse nun curso gratuíto de introdución á lingua e a cultura galegas para maiores de 16 anos

Redacción

Terá lugar do 2 ao 6 de novembro de 9.30 a 13.30 horas no Centro Antena de Nigrán e o período de inscrición ábrese este luns 19 de outubro.

O Concello de Nigrán ofrecerá, a través da Secretaría Xeral de Lingua, un curso introdutorio gratuíto de lingua e cultura galega para maiores de 16 anos con nivel básico. Este terá lugar do 2 ao 6 de novembro de 9.30 a 13.30 no Centro Antena de Nigrán e o prazo de inscripciónestá aberto ata o mércores 28 de outubro na Oficina de Información Cidadá do Concello. Ao finalizar o curso, expedirase un diploma que acredita as 20 horas de formación. Non se requiren coñecementos previos de galego para participar neste cursoni para empadroarse no municipio.

O curso está dirixido a galegos recentemente chegados do estranxeiro, cun dobre obxectivo: promover a integración e a inclusión sociocultural efectiva dos participantes, dado que aprender a lingua do país de acollida é esencial para unha integración exitosa, así como aproveitar o enorme potencial que representa a chegada de persoas de fóra de Galicia como forma de aumentar o número de falantes da nosa lingua.

O curso inclúe nocións básicas da lingua galega, xunto con aspectos culturais. Na parte gramatical ofrécese unha introdución á fonética do galego, así como ás diferentes clases de palabras (artigos, pronomes privados, substantivos, adxectivos, verbos, adverbios, preposicións, conxuncións, etc.), ortografía básica (uso das distintas grafías, regras de acentuación, etc.) e outros recursos útiles para a comunicación cotiá. Tamén se inclúen contidos relacionados coa cultura e historia de Galicia (gastronomía, tradicións, festas, música, etc.).

Comparte este artigo