O Concello de Ourense desplegará un plan especial de seguridade e mobilidade para a celebración do Halloween na cidade o día 31 de outubro.
Co fin de garantir a seguridade dos asistentes e o correcto desenvolvemento dos desfiles e do montaxe dos eventos, a Policía Local levará a cabo os seguintes cortes de tráfico e desvíos:
• Rúa do Paseo (a partir das 15:30 h): Restrinxirase totalmente a circulación de vehículos debido á chegada e concentración progresiva dos participantes no gran desfile.
• Corte na Rúa do Progreso (a partir das 17:00 h):
En dirección ao centro da cidade, o tráfico quedará cortado nas proximidades do acceso á Praza de Abastos. Haberá un desvío obrigatorio cara á Praza de Abastos, continuando o percorrido de regreso pola Rúa Parada Justel.
En dirección ao Xardín do Posío, a vía permanecerá pechada á altura de Alférez Provisional.
• Corte da subida pola Rúa Parada Justel (ás 21:30 h): A partir desta hora, a subida pola Rúa Parada Justel quedará totalmente pechada, completando así o peche perimetral do centro da cidade para a parte nocturna das festividades.
O Concello solicita a máxima colaboración da cidadanía, pedindo que se extremen as precaucións e se planifiquen os desprazamentos con antelación; recoméndase o uso do transporte público ou a utilización de rutas alternativas durante toda a tarde e a noite.

