O Concello de Ourense abrirá os cemiterios en horario ininterrompido e reforzará o bus por Fieis Difuntos

Redacción

O Concello de Ourense facilitará as visitas aos cemiterios municipais por Fieis Difuntos cun horario ininterrompido, de 9:00h a 19:30h, e cun reforzo especial na liña 11 do autobús urbano

O Concello de Ourense abrirá os cemiterios municipais en horario ininterrompido de 9:00h a 19:30h esta fin de semana, con motivo da festividade de ‘Fieis Defuntos’, para facilitarlle á cidadanía achegarse a honrar os seus familiares.

Así mesmo, reforzará as liñas de autobuses que conectan os cemiterios da cidade: O servizo de autobuses amplía o percorrido da actual liña 11 Santa Mariña – O Viso ata o Cemiterio de Santa Mariña, para reforzar o servizo durante os días 31 de Outubro e 1 de Novembro.

Oficios relixiosos. O Bispado de Ourense informa dos servizos litúrxicos nos camposantos municipais, presididos polo bispo de Ourense, Leonardo Lemos:

  • Cemiterio de Santa Mariña:Domingo 1 e luns 2 de novembro. Misa ás 13h00.
  • Cemiterio das Caldas:Domingo 1 de novembro. Celebración da Palabra ás 16h00.
  • Cemiterio de San Francisco:Domingo 1 de novembro. Celebración da Palabra ás 17h30.
Comparte este artigo