Home Deputacións Deputación Ourense A Deputación adxudica a unha UTE a reforma da estrada de San...

A Deputación adxudica a unha UTE a reforma da estrada de San Agustín, en Viana do Bolo

- Anuncio -

As obras poderían comezar en outono, avanzou o deputado de Cooperación, Pablo Pérez, que amosou a súa satisfacción por “un paso definitivo para facer realidade un proxecto no que desde o primeiro momento a institución provincial demostrou o seu compromiso”

A Deputación de Ourense vén de adxudicar a reforma e mellora da estrada San Agustín-encoro das Pías, no Concello de Viana do Bolo, que executará unha unión temporal de empresas (UTE) formada por Petrolam Infraestruturas S.L. e Áreas Infraestruturas S.A., cun investimento superior a 1,1 millóns de euros. As obras poderían comezar este outono “sempre que as condicións meteorolóxicas o permitan, pois estamos a falar dun territorio cun clima cada vez máis adverso para este tipo de traballos segundo nos achegamos ao remate do ano”, explicou o deputado de Cooperación, Pablo Pérez.

Coa adxudicación das obras “damos un paso definitivo para facer realidade un proxecto no que desde o primeiro momento a Deputación de Ourense demostrou o seu compromiso, liderando unha comisión de negociación xunto con Endesa -empresa propietaria da estrada- e os representantes dos grupos municipais”, destacou Pérez. O diálogo entre todas as partes, engadiu, “permitiu dar a resposta que demandaba desde hai tempo a veciñanza, polo que a satisfacción do resultado neste proceso non pode ser maior”.

A comisión de negociación, logo de diversas reunións, acordou que a empresa eléctrica faríase cargo do 50 % do custo das obras, preto de 600.000 euros-, mentres que a Deputación de Ourense e o Concello de Viana do Bolo achegarían o 50 % restante a partes iguais. Tralo remate das obras a estrada pasará a ser titularidade do concello.

A reforma e mellora da estrada de San Agustín-encoro das Pías ten un orzamento de 1.125.119 euros e realizarase en tres tramos, cunha lonxitude total que supera os 24 quilómetros. O proxecto inclúe a renovación e regularización do firme, acondicionamento e limpeza das cunetas, roza das marxes, nova sinalización horizontal e vertical e a instalación de elementos de seguridade viaria.

Relacionadas

Rafa Domínguez confirma que a praza de Barcelos e a rúa Santa Clara serán...

0
O vicepresidente da Deputación remarca a “boa sintonía” co Concello de Pontevedra para facer realidade este proxecto e adianta que a finais de maio...

Presentado o libro “O incendio”, de Sara Vila, gañadora do XLII Premio de Novela...

0
Na presentación da publicación, o vicepresidente segundo da Deputación, César Fernández dixo que se trata do “premio máis senlleiro da literatura galega que desta...

A 41ª Copa Deputación de Atletismo ofertará este ano competición en pista ao aire...

0
Os clubes que competirán na Copa Deputación son a Escola Atlética Ben Cho Shey, Club Atletismo Limia Activa, Ourense Atletismo Club Deportismo La Purísima,...

Luis López interésase polas necesidades dos Corpos e Forzas de Seguridade do Estado nunha...

0
O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, vén de manter un encontro de traballo co coronel xefe da Comandancia da Garda Civil en...

A Deputación de Pontevedra mantén aberto ata o próximo domingo, 5 de maio, no...

0
A mostra da artista pontevedresa recompila as súas pinturas na busca da cor e “da forma do meu verdadeiro eu” A Deputación de Pontevedra mantén...

Abraham Cupeiro explorará os instrumentos de vento desde o Paleolítico ata o século XIX...

0
Este martes 30 de abril ás 9:00 ábrese o prazo para solicitar praza no concerto, que se celebrará o sábado 11 de maio ás...

Publicacións Relacionadas