Home Pontevedra Campo Lameiro Os veciños colapsan a oficina de Campo Lameiro coa presentación de follas...

Os veciños colapsan a oficina de Campo Lameiro coa presentación de follas de reclamación contra a decisión de Abanca de pechar a sucursal

- Anuncio -

Agardan que a Dirección da entidade crediticia escoite as súas peticións e dea marcha atrás na súa decisión. De non ser atendidas as súas demandas trasladarán as súas queixas ao Banco de España

Un rosario incesante de veciños e veciñas provocaron o colapso da sucursal de Abanca en Campo Lameiro nas primeiras horas de hoxe por mor da presentación individual de follas de reclamación contra a Dirección da entidade crediticia pola súa decisión de pechar o vindeiro 8 de setembro a única oficina bancaria da que dispoñen no municipio.

Asesorados por membros da Corporación Municipal pertencentes aos grupos políticos do PPdeG, Porvir e PSdeG-PSOE, os veciños foron enchendo as follas de reclamación de xeito individual achegando as súas queixas e protestas pola supresión dun servizos que consideran esencial como clientes do banco e como veciños de Campo Lameiro.

Coa intención de deixar operarativa a oficina e permitir que a xente maior que se achegaba ao banco puderan cobrar por “ventanilla” os cartos das súas pensións, os voceiros dos tres grupos políticos e os empregados de Abanca acordaron realizar a recollida das follas de reclamación de xeito paralelo, no exterior da sucursal, ao tempo que se deixaba libre o paso para que os clientes poideran facer as súas xestións bancarias.

Deste xeito foron entregándose por quendas aos empregados bancarios as numerosas follas de reclamación que se ían recollendo dun xeito ordenado e que foron recepcionados polos responsables da sucursal para a súa tramitación interna nos servizos de atención ao cliente que posúe o propio banco.

Entre as alegacións que esgrimen os veciños e veciñas nos seus escritos que inclúen nas follas de reclamación refírense a que o peche da sucursal privará á veciñanza do rural deste concello do acceso a un servizo esencial, fundamental para a fixación de poboación. Tamén aseguran que non dispoñen de transporte público coas poboacións máis cercanas onde hai oficinas bancarias (Pontevedra, Moraña ou Cerdedo) o que implicará o uso do taxi co correspondente prexuízo económico colateral que esto conleva.

Finalmente, nos seus escritos bótanlle en cara á Dirección de Abanca que non acompañe aos municipios rurais no proceso de recuperación económica post-pandemia e non siga prestando unha axuda fundamental como “ferramenta financeira de apoio á construción do futuro económico dos pobos no mundo rural e fixar poboación” en consonancia coas directivas da Unión Europea e os compromisos expresados neste sentido tamén polo Goberno de España e o da Comunidade Autónoma.

Relacionadas

A Deputación concede preto de 30.000 euros ao Concello de Campo Lameiro para dotar...

0
Trátase de recursos do Plan Extraordinario de Infraestruturas Deportivas que distribuíu xa máis de 2,4 millóns de euros entre concellos da provincia de menos...

Tomiño intensifica a loita contra os incendios coa apertura de case 500 expedientes para...

0
No 2023 tramitáronse 174 denuncias que afectaban a 497 parcelas. A maioría dos expedientes resolvéronse enviando unha soa notificación O Concello ten un programa único...

Luis López amosa o apoio da Deputación ao BM Porriño, que busca o pase...

0
O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, e a vicepresidenta Luisa Sánchez asisten no Pavillón Municipal do Porriño ao partido de ida das...

Corte de tráfico por obras de asfaltado no camiño da Quirincosta

0
A concellería de Infraestruturas e Sostibilidade, que dirixe Roberto Villar, advirte que o vindeiro luns, 6 de maio, estará cortado ao tráfico o camiño...

O Celta feminino terá identidade mosense

0
A sección de fútbol feminino da UD Mos será o embrión do novo proxecto celeste A Unión Deportiva Mos será o Celta Feminino. Esta foi...

O Concello de Baiona honra a José Trigo Pereira ‘Miolo’ nos seus 102 aniversarios

0
José Trigo Pereira, coñecido cariñosamente como ‘Miolo, recibiu a homenaxe do municipio con motivo dos seus 102 aniversarios. O Concello de Baiona quixo mostrarlle o...

Publicacións Relacionadas