O Concello realiza o sorteo para nomear os membros das 142 mesas para as eleccións xerais do día 29

Redacción

O Concello celebrou esta mañá un pleno extraordinario para realizar o sorteo público e nomeamento das persoas que formarán parte das mesas para as eleccións xerais do día 29 de novembro, convocadas polo Real Decreto 806/2026, do 5 de outubro.

A designación, realizada a través dunha aplicación informática, elixiu de forma aleatoria 1.278 persoas para as 142 mesas que haberá no municipio: 9 por cada mesa (1 presidente e 2 suplentes, e 2 vogais e 4 suplentes). As persoas designadas recibirán a notificación nos próximos días no seu domicilio.

Comparte este artigo