A Carreira Popular do San Martiño bate o seu récord histórico con 11.057 inscritos para este domingo

Redacción

A Carreira Popular do San Martiño bate este ano o seu récord histórico, con 11.057 deportistas inscritos para percorrer as rúas da cidade o vindeiro domingo, 8 de novembro.

O goberno municipal valora de forma moi positiva os datos, que enmarca no crecemento que está a experimentar a carreira ourensá: “Os 11.057 inscritos supoñen o récord histórico desde que a proba se fixo de pago no ano 2012. O running tivo unha eclosión a principios dos 2000, sufriu despois unha caída e agora levamos tempo crecendo; e a nosa carreira tamén, sendo a máis multitudinaria de Galicia con diferenza”.

A San Martiño 2026 contará con 4.063 corredores e corredoras na categoría absoluta; 2.926 na Sub18, Sub16 e Sub14; 2.073 na Sub12 e Sub10, e 1.995 na modalidade inclusiva.

A cita, que se consolida como a máis populosa de Galicia, estrea este ano percorrido, incrementa os seus premios económicos e reforza a implicación dos centros educativos da cidade.

Máis información en: https://ourense.gal/gl/actualidad/a-carreira-de-san-martino-2026-estrea-percorrido-aumenta-os-premios-e-reforza-a-implicacion-dos-colexios

Comparte este artigo