Home A Coruña A Xunta inviste máis 170.000€ na substitución das carpinterías do CEIP Alfredo...

A Xunta inviste máis 170.000€ na substitución das carpinterías do CEIP Alfredo Brañas de A Laracha

- Anuncio -

― Gonzalo Trenor lembrou que as obras proxectadas pola Consellería de Cultura, Educación e Universidade contemplan 35 actuacións en centros educativos de Bergantiños-Costa da Morte cun investimento global de 2,8 millóns de euros

― Este verán estanse acometendo nesta zona dúas actuacións en Cee e Cerceda cun orzamento de 358.000 euros

O delegado da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor, acompañado polo alcalde da Laracha, José Manuel López, informou nunha visita ao CEIP Alfredo Brañas que a Xunta de Galicia vai acometer a renovación das carpinterías) deste centro educativo cun investimento de máis de 170.000 euros que suporá adaptar esta infraestrutura ás novas esixencias construtivas establecidas no Plan de Nova Arquitectura Pedagóxica de Galicia, dotado con máis de 191 millóns de euros.

A actuación ten un prazo de execución de dous meses. O delegado da Xunta, Gonzalo Trenor, mantivo unha reunión co equipo directivo para informar da licitación que xa levou a cabo. O proxecto a susbtitución das carpinterías exteriores dos dous edificios, o administrativo e o aulario, por novas carpinterías de rotura de ponte térmica e vidros cun mellor comportamiento enerxético e a instalación dun sistema de illamento térmico polo exterior (SATE) dos cerramentos do edificio administrativo sobre os que non se ten intervido anteriormente.

Segundo explicou o representante do Goberno autonómico, esta importante actuación ten por obxectivo primordial mellorar o confort dos alumnos e profesores que cada día interactúan no centro e vai na liña das pautas marcadas no Plan da Nova Arquitectura Pedagóxica de Galicia aprobado polo Goberno galego. Este plan supón avanzar nun novo concepto de centros educativos ao servizo dos novos retos educativos do futuro que pasan por atender non unicamente as necesidades académicas, senón tamén as sanitarias e as tecnolóxicas.

Este investimento únese ás obras proxectadas pola Consellería de Cultura, Educación e Universidade que contemplan 35 actuacións en centros educativos de Bergantiños-Costa da Morte cun investimento global de 2,8 millóns de euros.

Segundo explicou Gonzalo ademais desta actuación na Laracha, a Xunta realizou licitacións similares para rehabilitación integral do CPI Alcalde Xosé Pichel en Coristanco, cun investimento de máis de 664.000 euros, aos 361.000 euros para a renovación da cuberta e das carpinterías do CPI As Revoltas de Cabana de Bergantiños, 380.000 euros para a reforma das carpinterías e do SATE do CEIP Eugenio López de Cee e 420.000 euros para a substitución das carpinterías e do illamento térmico exterior do CPI Cabo de Area de Laxe.

O delegado da Xunta tamén destacou que este verán está previsto que se rematen as obras do IES Fernando Blanco de Cee e do CPI O Cruce de Cerceda que contan cun orzamento total de 358.000 euros. Ademais, a Xunta acometerá en un total de 27 centros educativos desta área obras de menor envergadura que suporán un investimento global de máis de 374.000 euros.

Trenor tamén explicou que, a pesar de que algunha obra pode verse afectada pola subministración de materiais que se está dando de maneira xeneralizada en todos os sectores industriais, todas as melloras nos centros educativos están deseñadas e planificadas para que, en ningún caso, incida no normal desenvolvemento do curso escolar.

Relacionadas

Inaugurado o novo albergue municipal Esperanza Tenreiro, en Nós

0
O edificio principal da Finca Tenreiro, en Nós, foi inaugurado esta tarde como Albergue municipal Esperanza Tenreiro. Con esta denominación, o Concello de Oleiros...

Excarcerado un home tras unha saída de vía na parroquia de Niveiro, no concello...

0
Os bombeiros do parque Comarcal de Santa Comba recibiron hoxe, sábado 4 de maio, ás 14.47 horas unha chamada na que se informaba dun...

A Xunta colaborou coa construción do albergue da finca Tenreiro de Oleiros a través...

0
― A directora xeral de Formación e Cualificación para o Emprego, Zeltia Lado, asistiu hoxe á inauguración do novo espazo ― As alumnas e alumnos...

Fabiola García visita a Casa da Muller de Ponteceso na que a Xunta inviste...

0
A conselleira de Política Social e Igualdade destaca os 15 anos de traxectoria da Fundación Eduardo Pondal, a entidade que desenvolve estes programas A conselleira...

Lorenzana aborda co alcalde de Oroso, Álex Doval, as necesidades do parque empresarial de...

0
A conselleira de Economía e Industria, María Jesús Lorenzana, mantivo hoxe un encontro co alcalde do Oroso, Álex Doval, con quen abordou as necesidades...

Abegondo solicitará a reversión dun tramo do Camiño ao antigo trazado para mellorar a...

0
• O alcalde reuniuse hoxe cos veciños de Meangos e Cos polas obras na estrada provincial O Concello de Abegondo concretou hoxe cos veciños as...

Publicacións Relacionadas