Home A Coruña Costa da Morte Asociación Turística (CMAT) convida a cinco bloggers profesionais a...

Costa da Morte Asociación Turística (CMAT) convida a cinco bloggers profesionais a vivir a experiencia do Camiño de Fisterra e Muxía para dalo a coñecer nas súas redes sociais e nos seus blogs de viaxes

- Anuncio -

Bo Saldaña, Leticia Pérez, Eva Abal, Dani Keral e Alberto Ribas partirán o 13 de setembro de Compostela para percorrer a Ruta Xacobea que leva á Costa da Morte, onde pasarán o final de semana mostrando o patrimonio e a natureza do destino

Costa da Morte Asociación Turística (CMAT), entidade que xestiona a promoción do xeodestino Costa da Morte, convida a cinco bloggers profesionais especializados en viaxes a vivir a experiencia do Camiño de Fisterra e Muxía para dalo a coñecer nas súas redes sociais, que chegan a uns 130.000 seguidores de todo o mundo, e nos seus blogs. Bo Saldaña, de El mundo ok; Leticia Pérez, de Trucos viajeros; Eva Abal, de Una idea un viaje; Dani Keral, de Un viaje creativo; e Alberto Ribas, de Al vientooo son os participantes na campaña O Camiño Continúa, impulsada pola CMAT, que preside Mónica Rodríguez, coa colaboración da Deputación da Coruña para promocionar o Camiño de Fisterra e Muxía ao seu paso pola Costa da Morte no Ano Santo Xacobeo 2021. A iniciativa, que se deselvolverá na semana do 13 ao 19 de setembro, inclúese no programa de axudas a entes de xestión, asociacións, mancomunidades e consorcios turísticos para a mellora da calidade, competividade e actividades turísticas no 2021.

Os cinco bloggers sairán da praza do Obradoiro, en Santiago de Compostela, na mañá do próximo día 13 de setembro de 2021. Percorrerán diversos tramos do Camiño de Fisterra e Muxía no seu paso pola Costa da Morte. Desde ese luns e ata o venres, 17 de setembro de 2021, xornada na que está prevista a súa chegada a Muxía. A continuación, cada profesional pasará o fin de semana en diferentes zonas da Costa da Morte e compartirá a súa experiencia cos seus seguidores nas súas redes (Instagram, Twitter e Facebook) e blogs.

O Camiño Continúa, que estará coordinada polo blogger Alberto Ribas, quere difundir, promocionar e impulsar o Camiño de Fisterra e Muxía, (unha ruta que representa a continuidade do Camiño de Santiago que, tras chegar a Compostela, continúa ata a Costa da Morte) como destino turístico e, tamén, aproveitar esta vía xacobea para que os peregrinos visiten e coñezan o patrimonio, a natureza e a cultura que ofrecen os concellos que forman parte da CMAT, unha entidade sin ánimo de lucro que integra os diferentes axentes locais, públicos e privados, coa finalidade de desenvolver este territorio en materia turística.

Os cinco bloggers que xestionan blogs especializados en viaxes e que son referentes na blogosfera española, despois de percorrer os tramos do Camiño de Fisterra e Muxía, aloxaránse e utilizarán servizos turísticos asociados á CMAT, en colaboración coa Asociación de Profesionais do Turismo da Costa da Morte (APTCM). Durante a andaina dos bloggers pola ruta xacobea que leva ata Muxía e Fisterra incorporaranse ao Camiño diferentes axentes locais para contribuir á súa promoción e difusión, en coordinación cos Concellos. CMAT gravará unha reportaxe da experiencia, que será empregada como reclamo turístico en canles online.

A campaña O Camiño Continúa chegará aos 130.000 seguidores das redes sociais (Instagram, Facebook e Twitter) de Bo Saldaña, Leticia Pérez, Eva Abal, Dani Keral e Alberto Ribas, todos especializados en viaxes. Os seus blogs contan con máis de 475.000 visitas mensuais (El mundo ok, 80.000; Trucos viajeros, 26.600; Una idea un viaje, 180.000; Un viaje creativo, 125.000, y Al vientooo, 65.000). Para non perder detalle, a experiencia de O Camiño continúa pode seguirse nos blogs e perfís das redes sociais tanto dos bloggers coma da CMAT (Instagram, Twitter e Facebook).

Relacionadas

Paderne rememora a “enorme transcendencia” de Francisco Vales Villamarín na inauguración da remodelación do...

0
 O alcalde, Sergio Platas, lembrou a enorme pegada do cronista e quixo agradecer a “insistencia” de Emilio Vila na instalación do monólito hai...

Neda pon en valor a calidade, variedade e sabor dos produtos das panaderías locais

0
O Concello destaca a importancia do sector no municipio como xerador de emprego O Concello de Neda impulsou este domingo dúas novas catas no marco...

Queres saber de que van falar os científicos e científicas que participan no primeiro...

0
Os días 13, 14 e 15 de maio enchemos de ciencia o bar do Mercado, o Bodegón e o Valle-Inclán coa colaboración de oito...

Inaugurado o novo albergue municipal Esperanza Tenreiro, en Nós

0
O edificio principal da Finca Tenreiro, en Nós, foi inaugurado esta tarde como Albergue municipal Esperanza Tenreiro. Con esta denominación, o Concello de Oleiros...

Excarcerado un home tras unha saída de vía na parroquia de Niveiro, no concello...

0
Os bombeiros do parque Comarcal de Santa Comba recibiron hoxe, sábado 4 de maio, ás 14.47 horas unha chamada na que se informaba dun...

A Xunta colaborou coa construción do albergue da finca Tenreiro de Oleiros a través...

0
― A directora xeral de Formación e Cualificación para o Emprego, Zeltia Lado, asistiu hoxe á inauguración do novo espazo ― As alumnas e alumnos...

Publicacións Relacionadas