O parque de Emerxencias do Concello de Oleiros acolleu unha xornada de formación sobre o uso de equipos de corte por plasma nas intervencións dos bombeiros

Redacción

A sesión estivo orientada a comprobar as posibilidades operativas desta ferramenta en situacións de emerxencia, como o rescate de persoas con extremidades atrapadas, a liberación de persoas entre elementos metálicos e outras actuacións que requiran traballos de corte.


Durante a formación abordáronse o manexo do equipo, as técnicas de corte e as medidas de seguridade necesarias para protexer tanto as persoas atrapadas como os bombeiros que participan na intervención.

Comparte este artigo