Home A Coruña A Xunta acometerá obras de mellora do firme da estrada AC-230 ao...

A Xunta acometerá obras de mellora do firme da estrada AC-230 ao seu paso polo concello de Aranga

- Anuncio -

― A intervención, adxudicada por preto de 50.000 euros, comezará nas vindeiras semanas e terá un prazo de execución de 2 meses

― Os traballos levaranse a cabo entre os puntos quilométricos 3 e o 4+700

― A Xunta continúa traballando na conservación da rede viaria autonómica co fin de proporcionarlles aos cidadáns unhas estradas cómodas e seguras

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade acometerá obras de mellora do firme na estrada AC-230 ao seu paso polo concello de Aranga.

Esta intervención, que foi adxudicada á empresa Canarga, S.L., conta cun investimento da Xunta de preto de 50.000 euros. As obras comezarán nas vindeiras semanas e terán un prazo de execución de 2 meses.

Os traballos levaranse a cabo no treito da vía autonómica comprendido entre os puntos quilométricos 3 e 4+700.

As obras consistirán na reparación do firme mediante a mellora da capa de rodaxe en 5 centímetros de espesor nas zonas nas que se atope deteriorado, coa fin de resolver as deformacións que presenta a rodaxe, reforzando así a seguridade viaria.

O departamento que dirixe Ethel Vázquez continúa traballando na conservación e mantemento da rede viaria autonómica co fin de proporcionarlles aos cidadáns unhas estradas cómodas e seguras

Relacionadas

Preto de 200 agrupacións de persoal voluntario de protección civil benefícianse do apoio da...

0
O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a resolución da convocatoria de subvencións dotada con 340.000 eurosEstas achegas complementan a outra orde de axudas...

Reunión coas ANPAS do Concello de Ribeira

0
O alcalde de Ribeira e a concelleira de educación, Cruz Rivadulla, mantiveron unha reunión coas ANPAS do Concello nun esforzo por estreitar a colaboración...

O prazo para inscribirse ao Encontro de Maiores de Bergondo xa está aberto

0
· Celebrarase o 2 de xuño e ten un prezo de 10 euros. · As persoas interesadas en apuntarse deberán facelo no gabinete de alcaldía...

O Centro Municipal de Formación Isaac Díaz Pardo axudou a engancharse laboralmente a 4.500...

0
Case 4.500 persoas pasaron durante o pasado ano polo Centro de Formación e Emprego do Concello de Oleiros, unha plataforma municipal para impulsar a...

Incendio nunha fonte na avenida de Caión, no Concello de Arteixo

0
Os bombeiros do parque Comarcal Provincial de Arteixo foron alertados ao redor das 22:00 horas de onte, domingo 5 de maio, dun incendio nunha...

Galicia rexistra en abril a cifra de desemprego máis baixa de toda a serie...

0
Salientou o dato histórico de 126.334 persoas en paro acadado na comunidade galega no mes de abril e indicou que é a primeira comunidade...

Publicacións Relacionadas