Home Deputacións Deputación Pontevedra A Deputación de Pontevedra rescata a historia esquecida do Castelo de Soutomaior...

A Deputación de Pontevedra rescata a historia esquecida do Castelo de Soutomaior nas XX Xornadas de Xenealoxía, Heráldica e Nobiliaria de Galicia

- Anuncio -

As xornadas terán lugar os días 21, 22 e 23 de maio na Sala do Tapiz do Castelo de Soutomaior. A inscrición é libre e gratuíta a través do correo electrónico galiciagen@gmail.com

A Deputación de Pontevedra rescata a historia esquecida do Castelo de Soutomaior nas XX Xornadas de Xenealoxía, Heráldica e Nobiliaria de Galicia que terán lugar os días 21, 22 e 23 de maio na Sala do Tapiz do Castelo de Soutomaior. As persoas interesadas en asistir ás xornadas, organizadas polo servizo de Patrimonio Documental e Bibliográfico da Deputación de Pontevedra, poderán inscribirse, de xeito libre e gratuíto, a través do correo electrónico galiciagen@gmail.com.

Os máis prestixiosos tratadistas e estudosos da liñaxe Sotomayor desvelarán entre o 21 e 23 de maio no Castelo os detalles dos personaxes desta estirpe, que supuxo unha revolución histórica, desde os puntos de vista documental, heráldico, xenealóxico e nobiliario. Deste xeito, os asistentes ás XX Xornadas de Xenealoxía, Herálidica e Nobiliaria de Galicia terán a oportunidade de afondar máis na historia do castelo e dos emblemas heráldicos dos seus antigos señores e na historia de Galicia desde o século XII ata a actualidade.

A xornada comezará o martes 21 pola tarde, coa profesora Argentina Otero Santiago que pronunciará a conferencia “O Castelo de Soutomaior, recurso turístico no conxunto monumental de Galicia”. A continuación o doutor Suso Vila, autor do libro “A Casa de Soutomaior”, detallará a historia da “Casa de Soutomaior nos documentos da Idade Media en Galicia”. Nesta mesma xornada tamén se presentarán os traballos de investigación máis actuais, recentemente publicados no Boletín Nº 20 de Estudios de Xenealoxía, Heráldica e Nobiliaria de Galicia.

O mércores 22 de maio comezará cunha visita guiada polas dependencias do castelo, a partir das 17:00 horas. Despois, o xornalista Alfonso Fernández, investigador da historia de liñaxes próximos aos Sotomayor, impartirá a conferencia “Pegada Heráldica e Xenealóxica dos Soutomaior en espazos monumentais da provincia de Pontevedra”. A continuación, o doutor medievalista do Instituto de Estudos Galegos Pai Sarmiento, Eduardo Pardo de Guevara y Valdés, afondará na “Pegada cabaleiresca na heráldica medieval galega. O caso Soutomaior”.

A última xornada, o xoves 23 de maio, comezará ás 12:00 horas na Praza do Teucro da cidade de Pontevedra, cunha visita guiada a cargo do presidente da Asociación Academia de Xenealoxía, Heráldica e Nobiliaria de Galicia, Carlos Acuña Rubio. Pola tarde, a partir das 17:00 horas no castelo de Soutomaior, Luis Valero ofrecerá a conferencia “Irrupción e influenza da heráldica no desenvolvemento de grandes liñaxes como os Soutomaior” e pechará as xornadas Carlos Acuña con “Casa e Sangue Soutomaior, dimensión e poder nos reinos de España e Portugal”.

Relacionadas

A Deputación celebra a integración do Museo de Pontevedra en CODART, unha rede de...

0
“Con esta noticia completamos unha semana de grandes avances liderados polo Museo de Pontevedra para converter á provincia no epicentro cultural internacional”, remarcou o...

A Deputación de Pontevedra abre no Palacete das Mendoza a exposición “Música e pintura”...

0
A mostra do artista coruñés poderá visitarse na sede de Turismo Rías Baixas ata o vindeiro 2 de xuño A Deputación de Pontevedra acaba de...

A Deputación leva o programa provincial +Música este sábado a Bueu co concerto de...

0
O calendario do programa inclúe concertos nos 59 concellos da provincia de menos de 50.000 habitantes, que se celebrarán ata o próximo mes de...

A Deputación leva o programa provincial +Música este domingo a Rodeiro con Boyanka Kostova

0
O calendario do programa inclúe concertos nos 59 concellos da provincia de menos de 50.000 habitantes, que se celebrarán ata o próximo mes de...

O concello presenta a primeira edición do concurso Balcóns Floridos

0
O certame premiará aos balcóns mellor decorados e contempla un premio específico para as parroquias  As inscricións estarán abertas ata o próximo 30 de maio O...

Montse Prado acusa ao PP de antepoñer os intereses da empresa de ambulancias da...

0
A deputada do BNG reclama a Sanidade que actúe para rematar coa incerteza na que se atopa o cadro de persoal, que sofre impagos...

Publicacións Relacionadas