A número dous ao Congreso pola provincia mantivo unha xuntanza de traballo coa xunta directiva e colexiados do Colexio da Avogacía de Vigo, acompañada polo eurodeputado do PPdeG Adrián Vázquez, o cabeza de lista ao Congreso, Julio García Comesaña, e a presidenta do PP de Vigo, Luisa Sánchez.
Pepa Pardo criticou que o Executivo central deixase vencer o pasado 29 de outubro o prazo legal para aprobar o desenvolvemento regulamentario da norma.
Adrián Vazquez trasladou o «firme compromiso» do Partido Popular e de Alberto Núñez Feijóo de rexenerar democraticamente as institucións e devolver «a respectabilidade e a independencia a todo o sistema xudicial español» a partir das eleccións xerais do vindeiro 29 de novembro.
A número dous do Partido Popular ao Congreso pola provincia de Pontevedra, Pepa Pardo, mantivo esta tarde unha xuntanza de traballo coa xunta directiva e colexiados do Colexio da Avogacía de Vigo, na que tamén participaron o eurodeputado do PPdeG Adrián Vázquez, o cabeza de lista ao Congreso, Julio García Comesaña, e a presidenta do PP de Vigo, Luisa Sánchez.
Pepa Pardo puxo en valor a importancia de escoitar e atender de primeira man as demandas deste colectivo profesional, denunciando que o Goberno de España volveu deixar “abandonados” aos avogados ao incumprir os prazos establecidos na lei da pasarela ao Réxime Especial de Traballadores Autónomos (RETA). Segundo lembrou, a propia normativa recollía a obriga de aprobar o seu desenvolvemento regulamentario nun prazo de tres meses que venceu o pasado 29 de outubro, sen que ata o de agora se producise avance ningún.
A representante popular subliñou que a lei da pasarela ao RETA saíu adiante grazas ao impulso do Partido Popular e ás melloras incorporadas a través das emendas presentadas polo grupo, especialmente durante a súa tramitación no Senado. Neste senso, afirmou que este novo incumprimento non sorprende nun Executivo que “se baseou na mentira, o engano e a defraudación a todos os colectivos”, desatendendo a uns profesionais que son un instrumento fundamental dentro da Xustiza e para garantir o dereito á defensa.
DEFENSA DO ESTADO DE DEREITO E DA INDEPENDENCIA XUDICIAL
Por outra banda, Pepa Pardo mostrou a súa fonda preocupación polo “pouco respecto” que o actual Executivo central demostra cara ao sistema xudicial, asegurando que se trata dun Goberno “declarado en guerra coa Xustiza, cos xuíces e coa independencia xudicial”.
En referencia ás informacións publicadas hoxe nos medios de comunicación sobre a presunta organización de “cloacas” para atemorizar ou apartar á xuíza que investigaba o caso do irmán do presidente do Goberno —coincidindo co período de reflexión que este anunciara no seu día—, Pardo cuestionou a deriva institucional do país: “Ata onde imos chegar?”.
A número dous ao Congreso concluíu cun firme compromiso de rexeneración democrática fronte a estas prácticas: “Nós defendemos a independencia xudicial e unha Xustiza independente. Se Alberto Núñez Feijóo chega á Moncloa, dende logo non se organizarán cloacas para atacar a xuíces independentes que o único que fan é cumprir co seu traballo”.
ADRIÁN VAZQUEZ COMPROMETESE A DECOLVER A RESPECTABILIDADE E A INDEPENDENCIA AO SISTEMA XUDICIAL CO GOBERNO DE ALBERTO NÚÑEZ FEIJÓO
Adrián Vazquez trasladou hoxe o «firme compromiso» do Partido Popular e de Alberto Núñez Feijóo de rexenerar democraticamente as institucións e devolver «a respectabilidade e a independencia a todo o sistema xudicial español» a partir das eleccións xerais do vindeiro 29 de novembro. Así o manifestou tras manter unha xuntanza no Colexio de Avogados de Vigo, onde acudiu non só para escoitar os problemas, reclamacións e peticións do sector de cara á vindeira lexislatura, senón tamén para ratificar o respaldo da formación á xudicatura.
Durante a súa intervención, lembrou que nos últimos informes sobre o Estado de Dereito da Comisión Europea, correspondentes aos dous últimos anos, España aparece á cola do respecto á separación de poderes e do traballo da xudicatura.Neste senso, criticou con dureza as declaracións realizadas esta mesma mañá polo presidente do Goberno, Pedro Sánchez, nunha entrevista televisiva con Susanna Griso, na que volveu denunciar en vivo prevaricación nos xuízos da súa muller e do seu irmán.
“Un presidente de España que sinala os xuíces que fan o seu traballo constante para defender esa integridade xudicial dun Estado democrático como o noso non está permitido”, advertiu Adrián Vázque. O representante popular incidiu en que a Unión Europea leva dous anos alertando desta deriva institucional e sinalou que en Bruxelas xa se comeza a coñecer a Pedro Sánchez como “o Orbán do sur de Europa”.
“Non imos parar ata rexenerar democraticamente o noso país e, sobre todo, as nosas institucións xudiciais”, concluíu , reiterando que o cambio político tras o 29N servirá para garantir o pleno respecto ao Estado de Dereito.

