O Mugart entrega os diplomas aos artistas participantes no segundo curso de gravado mural

Redacción

 Sete persoas formáronse neste novo obradoiro

Novos artistas formáronse nestes días no Museo do Gravado de Artes asistindo ao segundo curso de gravado mural ofertado polo centro despois da incorporación dun tórculo grande grazas á ampliación do taller.

A concelleira de Cultura, Ana Barreiro, participou na entrega dos diplomas aos sete artistas que aprenderon desta disciplina da man dos profesores José Fuentes e Antonio Navarro. Segundo a edil, “esta institución museística é o perfecto exemplo dun lugar onde conflúe a aprendizaxe, a custodia e a divulgación da arte, cun gran dinamismo ao seguir espallando cultura dende o rural.”

Comparte este artigo