A festa de acendido das luces de Nadal en Chapela, prevista para o sábado 28 de novembro, queda aprazada pola previsión de chuvia.
O acendido das luces farase en todo o municipio mañá venres, 27 de novembro.
As actividades de animación co pasarrúas de Troula Animación e o espectáculo “O soño de Lúa” posponse en Chapela ata nova data en función das condicións meteorolóxicas.

