Ángeles Vázquez define a Lucas Oubiña como un referente de superación, autonomia e esforzo de mocidade con Transtorno do Especto Autista

Redacción

A conselleira de Política Social e Igualdade reuniuse co mozo, que lle presentou o seu libro, Harto de pensar, co que busca expresar a maneira de pensar e entender o mundo dunha persoa con TEA

A conselleira de Política Social e Igualdade, Ángeles Vázquez, conversou esta tarde con Lucas Oubiña, un mozo de 16 anos con Trastorno do Espectro Autista (TEA) que acaba de escribir un libro, Harto de pensar, para expresar e explicar a maneira de pensar e entender o mundo dunha persoa con TEA.

Ángeles Vázquez definiu a Lucas Oubiña como un referente e exemplo de superación, autonomía e esforzo da mocidade con TEA. Trasladoulle o agradecemento de todo o Executivo galego por querer contribuír a mellorar o día a día das persoas con autismo e a demostrar que non hai barreiras.

Neste sentido, expuxo que a súa obra vai ser “esencial para moitas familias” cando se enfrontan ante un diagnóstico de autismo, porque lles vai axudar -dixo- a entender mellor como viven e como se expresan as persoas con TEA. A isto engadiu, que é “un orgullo para Galicia” contar con mozos e mozas como Lucas Oubiña, que é orixinario de Caldas de Reis, comprometidos cunha comunidade implicada coa inclusión e a integración.

Comparte este artigo